Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 2 de octubre de 2016
PECHE DE TEMPADA CON DUAS VITORIAS E DOUS TERCEIROS POSTOS
Onte sábado co gallo do G.P. San Froilán de Lugo, pechábase o telón da tempada 2016 de estrada coas nosas Féminas como protagonistas, pois eran elas as que traían para O Rosal tres dos catro Pódios acadados na capital lucence.
Desta volta o Promesa Roi Alvarez non era quien de subir o "caixón" e remataba no 4º posto mentras que en Principiantes Emilio González acadaba o 8º posto e como non podía ser doutra maneira, o gran dominador da tempada Pablo Rodríguez facíase de novo coa vitória. En canto a Irene Rodríguez, tamén tiña unha brillante actuación e colleitaba o 3º posto en Feminino.
En Alevíns era Miguel González o que nos representaba acadando a 25º praza.
A Infantíl Laura Teniente tamén pechaba a tempada con outra nova vitória nunha carreira na que foi de menos a máis ata lograr a primeira praza mentras que Irea Villa remataba 6ª.
En Masculino de novo era Diego Santomé o máis avanzado o rematar 9º seguido de Iago Alvarez 18º e Adrián Alonso 27º.
De novo no pódio a nosa María Correa que en Cadete Feminino conquistaba a terceira posición mentras que en Masculino Mario Fernández era 14º.
Remataba o Júnior Xoel Villa que en malas condicións físicas acadaba o 26º posto.
Fotos da Carreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario