Na tarde de onte sabado daba comenzo a nova tempada de Ciclocróss coa primeira das probas da Copa Galicia 2016-2017 no polígono Rio do Pozo en Narón con dez representantes do Club Ciclista O Rosal.
Primeira participación e primeiro posto de honra para Luís Mendez que na categoría de Promoción acadaba o terceiro posto nun axustadísimo final de carreira.
Logo sería a volta dos cadetes e aquí temos que suliñar o pésimo día de Mario Fernández que na sesión de aquecemento pinchaba por tres veces, pero o pior ainda estaba por pasar, pois despois de marchar durante toda a carreira na segunda posición, na derradeira volta rompía o cambio e tiña que facer mais de medio circuito coa bicicleta o "lombo" para cruzar a liña de meta no 11º posto.
Nesta categoría de Cadete, gran rendimento o amosado por Diego Santomé que estraba categoría e remataba no sexto posto, así como Iago Alvarez que sería 14º.
En Júnior Feminino e despois dunha constante loita, María Correa acadaba a 5ª praza.
A categoría de Sub-23 estaba composta con tres integrantes do noso Clube e o millor clasificado era Adrián Santomé no 6º posto, Xoel Villa no 7º e Cesar Cividanes no 8º.
En Elite destacar despois de varios anos a volta a competición de Iñaki Eiras que realizaba unha boa prestación o rematar 27º mentras que o debutante en competición oficial Sergio Gutierrez era 30º.
Hoxe continúa a Copa Galicia sen sair de Ferrolterra co 4º Trofeo de Ciclocróss de Ferrol na que informaremos unha vez rematada a proba.
Fotos de Narón
No hay comentarios:
Publicar un comentario