Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 24 de diciembre de 2016

MARIO FERNÁNDEZ CAMPIÓN DA COPA GALICIA DE CICLOCRÓSS

Hoxe nos arredores do Castelo de Maceda (Ourense) e baixo unha densa néboa, Mario recibíu o agasallo de Nadal cunhas horas de adianto pois disputábase a derradeira das dez probas da Copa Galicia de Ciclocróss e Mario defendía a camisola de Líder, defensa que soubo levar a cabo pois vendo que no día de hoxe o seu rival Carlos Canal (C.C. Maceda) era superior, viuse obrigado a rematar como segundo clasificado, posto que acadaou e para así proclamarse Campión da Copa.
Pola súa banda Iago Alvarez remataba 11º e Diego Santomé vitima dunha caida, logo rotura de cadea e para rematar unha segunda caída que o leveban o 14º posto final.

En Sub-23 un único representante que non era outro que Xoel Villa que acadaba o 8º posto.
FOTOS DA CARREIRA

domingo, 18 de diciembre de 2016

NOVA VITÓRIA DE MARIO QUE O FAE MÁIS LÍDER DA COPA GALICIA DE CICLOCRÓSS

As 9:45 deste domingo e cunha temperatura de dous grados daba comenzo a penúltima proba da Copa Galicia de Ciclocróss no Velódromo de Porriño con Luís Mendez na categoría de Promoción , na que acadaría o 6º posto.

Logo foi a volta dos cadetes e o dominador non foi outro que o noso "Super" Mario que a pesares dunha mala saída na que circulaba na sétima praza nos primeiros compases da carreira, foi remontando posicións para pelexar o liderato da carreira con Carlos Canal (C.C. Maceda), con varios intercambios na primeira posición. Moi intelixentemente Mario agardou ata a falta de media volta para descolgar o seu rival e facerse cunha vitória que o mesmo tempo o destaca no liderato da Copa Galicia. Pola súa parte tamén realizaron unha boa prestación os seus compañeiros Diego Santomé e Iago Alvarez que remataron 6º e 12º respectivamente.

Rematarían as categorías de Elite e Sub-23 con Xoel Villa 8º e Adrian Santomé 11º en Sub-23 e Iñaki Eiras 29º e Sergio Gutierrez que abandonou por avería macánica en Elite.
Hoxe imos destacar tamén o Pódio de sub-23 con dous ex do C.C. O Rosal i os dous ex-campións de España que ainda temos moi presentes nas nosas memorias como son Raúl Fernández e Antonio Portela que remataron 2º e 3º respectivamente mentras que outros dous ex "rosaleiros" como Jonathan Sousa e Fernando Míguez remataban un chisco mais retrasados.  
FOTOS DA CARREIRA

domingo, 11 de diciembre de 2016

GRAN FIN DE SEMANA DO CADETE MARIO POR TERRAS VASCAS

Non habendo probas en Galicia nesta fin de semana, Mario Fernández desprazóuse até o País Vasco donde na mañán de onte sábado se disputaba o Ciclocróss de Elórrio (Viscaia) puntuable para a Copa de España con un gran 10º posto.
Xa na mañán de hoxe en Igorre (Viscaia), Mario era quien de subir cinco postos con respecto a onte e rematar no 5º posto final.

jueves, 8 de diciembre de 2016

VITÓRIA E CAMISOLA DE LIDER DA COPA GALICIA PARA MARIO EN CAMPAÑÓ

No hipódromo de Campañó disputouse na mañán de hoxe o I Trofeo Concello de Pontevedra de Ciclocróss nunha carreira moi fructífera para Mario Fernández.

Comenzaron as carreiras coa categoría de promoción e o noso Luís Mendez acadaba un meritório 5 posto na liña de meta.

Continuaría a categoría Cadete e Iago Alvarez acadaba o 15º posto mentras que Diego Santomé milloraba con respecto o martes e remataba 7º. Nesta categoría era o día de Mario Fernández que nunha carreira moi intelixente que foi controlando a unha distancia prudente. Nas derradeiras voltas atacaba con firmeza para levarse a vitória e o mesmo tempo facerse coa camisola de líder da Copa Galicia a falta de duas probas para o seu remate.

Pola súa banda María Correa na categoría Júnior Feminina con problemas físicos víase obrigada a retirarse da proba polo que non acadou ningún punto de cara a clasificación.

O que non tiña o seu día era o Sub-23 Adián Santomé que totalmente esgotado retirabase a falta de dúas voltas para o remate mentras que o seu compañeiro Xoel Villa acadaba o 7º posto.
En Elite o loitador Sergio Gutierrez remataba 27º.
Fotos da carreira

martes, 6 de diciembre de 2016

MARIO FAI SEGUNDO NO CICLOCRÓSS DE BOIRO

Trofeo Concello de Boiro de Ciclocróss organizado polo Club Ciclista Barbanza que se disputou no piñeiral a carón da praia co Podio de Mario Fernández que na categoría Cadete acadaba o segundo posto por detrás de Carlos Canal (C.C. Maceda) mentras que Diego Santomé era 10º e Iago Alvarez 15º clasificado.

En Sub-23 o millor rosaleiro era Adrián Santomé no posto 11º seguido de Xoel Villa no 12º e César Cividanes no 14º mentras que en Elite Sergio Gutierrez remataba 24º e Iñaki eiras con problemas físicos retirábase da carreira.
Fotos

lunes, 5 de diciembre de 2016

DIEGO SANTOMÉ PROCLAMASE CAMPIÓN DO OPEN DE PENAFIEL EN PORTUGAL



Onte concluía o Open Sentir Penafiel de Ciclocróss (Portugal) coa disputa da terceira proba nesta localidade do distrito de Oporto coa vitória final de Diego Santomé na categoría de Cadetes e o segundo posto de María Correa en Féminas Júnior.

A mañán comenzaba cos Cadetes e Diego partía como Líder empatado a puntos co segundo clasificado. Consciente disto, Diego saía "escopetado" e situabase en cabeza de carreira aumentando a vantaxe cos seus perseguidores conforme avanzaba a carreira. Éste posto xa non o abandonaría para entrar na liña de meta cunha cómoda vantaxe que lle valía para proclamarse Campión do Open despois das tres carreiras disputadas. O que tamén facía unha gran carreira era Iago Alvarez que chegou a marchar na terceira posición pero que unha serie de problemas mecánicos lle facían baixar ata o cuarto posto final.

En Júnior Feminino María Correa tamén quería estar no Pódio final e loitou durante toda a carreira para acadar un 3º posto que a fin tamén lle valia para rematar no 2º posto final do Open.

En Elite catro eran os nosos representantes e o millor clasificado era Xoel Villa no 12º posto seguido de Sergio Gutierrez no 15º, Adrián Santomé no 18º e César Cividanes no 19º.
Fotos da carreira