As 9:45 deste domingo e cunha temperatura de dous grados daba comenzo a penúltima proba da Copa Galicia de Ciclocróss no Velódromo de Porriño con Luís Mendez na categoría de Promoción , na que acadaría o 6º posto.
Logo foi a volta dos cadetes e o dominador non foi outro que o noso "Super" Mario que a pesares dunha mala saída na que circulaba na sétima praza nos primeiros compases da carreira, foi remontando posicións para pelexar o liderato da carreira con Carlos Canal (C.C. Maceda), con varios intercambios na primeira posición. Moi intelixentemente Mario agardou ata a falta de media volta para descolgar o seu rival e facerse cunha vitória que o mesmo tempo o destaca no liderato da Copa Galicia. Pola súa parte tamén realizaron unha boa prestación os seus compañeiros Diego Santomé e Iago Alvarez que remataron 6º e 12º respectivamente.
Rematarían as categorías de Elite e Sub-23 con Xoel Villa 8º e Adrian Santomé 11º en Sub-23 e Iñaki Eiras 29º e Sergio Gutierrez que abandonou por avería macánica en Elite.
Hoxe imos destacar tamén o Pódio de sub-23 con dous ex do C.C. O Rosal i os dous ex-campións de España que ainda temos moi presentes nas nosas memorias como son Raúl Fernández e Antonio Portela que remataron 2º e 3º respectivamente mentras que outros dous ex "rosaleiros" como Jonathan Sousa e Fernando Míguez remataban un chisco mais retrasados.
FOTOS DA CARREIRA
No hay comentarios:
Publicar un comentario