Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 5 de diciembre de 2016
DIEGO SANTOMÉ PROCLAMASE CAMPIÓN DO OPEN DE PENAFIEL EN PORTUGAL
Onte concluía o Open Sentir Penafiel de Ciclocróss (Portugal) coa disputa da terceira proba nesta localidade do distrito de Oporto coa vitória final de Diego Santomé na categoría de Cadetes e o segundo posto de María Correa en Féminas Júnior.
A mañán comenzaba cos Cadetes e Diego partía como Líder empatado a puntos co segundo clasificado. Consciente disto, Diego saía "escopetado" e situabase en cabeza de carreira aumentando a vantaxe cos seus perseguidores conforme avanzaba a carreira. Éste posto xa non o abandonaría para entrar na liña de meta cunha cómoda vantaxe que lle valía para proclamarse Campión do Open despois das tres carreiras disputadas. O que tamén facía unha gran carreira era Iago Alvarez que chegou a marchar na terceira posición pero que unha serie de problemas mecánicos lle facían baixar ata o cuarto posto final.
En Júnior Feminino María Correa tamén quería estar no Pódio final e loitou durante toda a carreira para acadar un 3º posto que a fin tamén lle valia para rematar no 2º posto final do Open.
En Elite catro eran os nosos representantes e o millor clasificado era Xoel Villa no 12º posto seguido de Sergio Gutierrez no 15º, Adrián Santomé no 18º e César Cividanes no 19º.
Fotos da carreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario