No hipódromo de Campañó disputouse na mañán de hoxe o I Trofeo Concello de Pontevedra de Ciclocróss nunha carreira moi fructífera para Mario Fernández.
Comenzaron as carreiras coa categoría de promoción e o noso Luís Mendez acadaba un meritório 5 posto na liña de meta.
Continuaría a categoría Cadete e Iago Alvarez acadaba o 15º posto mentras que Diego Santomé milloraba con respecto o martes e remataba 7º. Nesta categoría era o día de Mario Fernández que nunha carreira moi intelixente que foi controlando a unha distancia prudente. Nas derradeiras voltas atacaba con firmeza para levarse a vitória e o mesmo tempo facerse coa camisola de líder da Copa Galicia a falta de duas probas para o seu remate.
Pola súa banda María Correa na categoría Júnior Feminina con problemas físicos víase obrigada a retirarse da proba polo que non acadou ningún punto de cara a clasificación.
O que non tiña o seu día era o Sub-23 Adián Santomé que totalmente esgotado retirabase a falta de dúas voltas para o remate mentras que o seu compañeiro Xoel Villa acadaba o 7º posto.
En Elite o loitador Sergio Gutierrez remataba 27º.
Fotos da carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario