Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 30 de julio de 2017

TRES GRANDES VITÓRIAS EN REDONDELA

No II Trofeo Concello de Redondela que se disputou na tarde de onte sábado, acadaronse tres Pódios e os tres foros no "caixón" máis alto, nunha xornada marcada polas chegadas de "foto-finish".

Comenzando polos "ximcaneiros", a categoría Promesa estaba representada por Lucas Alvarez, Roi Alvarez e Iker González que se quedaban nos postos 10º, 11º e 24º respectivamente.
En Principiantes Pablo Rodríguez segue sen dar opcións os seus rivais ede novo se facía coa vitória de maneira contundente mentras que David Rodríguez era 10º. Irene Rodríguez que cometía dous erros baixaba ata a 6ª posición en Féminas.

Era en Alevín donde os Xuices Arbitros tiñan que tirar por primeira vez da grabación de video para adxudicar o terceiro posto polo que loitaba Iker Rodríguez, pero que por menos dun tubular se lle quedaba na 4ª posición, que non empaña a súa gran carreira. 

En Infantís gran saída de Adrián Alonso que conforme foi pasando a carreira foi perdendo posicións quedando 31º sendo superado polo seu compañeiro Sergio Vicente que facía 29º mentras que David Rodríguez era 35º.

En Cadetes disfrutamos da exibición dun corredor que comenza a creerse el mesmo que en estrada tamén pode facer grandes cousas, e éste non é outro que Mario Fernández que na volta 10 das vinte que contaba a carreira, saltaba do pelotón aumentando a súa vantaxe paulatinamente para conservar unha diferenza en torno o medio minuto e administrala de forma intelixente , o que lle valería para facerse coa primeira vitória en Cadetes. Pola súa banda Iago Alvarez tamén realizaba unha gran carreira manchando mais da metade da mesma co grupo de cabeza para ceder algo contra o final e acadar o 13º posto.

Rematamos coa carreira de Féminas na que María Correa sofría unha caida cando marchaba líder con ampla vantaxe, sendo alcanzada polas súas perseguidoras. A fín, de novo a grabación de video tivo que ser visionada para adxudicar a vitória dun esprint de "infarto" que outorgaría o primeiro posto de Júnior para a nosa María. En canto a categoría Cadete era Irea Villa a que a pesar da 6º posición final, nos obsequiaba coa súa millor carreira da tempada  na que loitóu sempre sen descanso, sendo de salientar a súa reacción nos momentos difíciles.
FOTOS DA CARREIRA 

martes, 25 de julio de 2017

MINI BTT MONTE VIXIADOR (VIGO)

Algúns dos máis cativos do C.C. O Rosal non paran e hoxe desprazabanse a Vigo para tomar parte e divertirse coa bici no Trofeo Monte Vixiador de MiniBTT.

Irene Rodríguez acadaba o 18º posto en Principiante Feminina mentras que Alvaro González era 50º en Masculino e remataba Iker González que acadaba o 15 posto en Prebenxamín.

lunes, 24 de julio de 2017

GRAN XORNADA ONTE EN TEO

Nada mais nin nada menos que cinco Pódios se acadaron na mañán de onte no Trofeo Vila de Luou (Teo) donde os oito representantes do C.C. O Rosal se facían ver.

Comenzaros os Cadetes as 10:00 horas cunha carreira polas estradas da comarca na que Iago Alvarez era baixado da mesma. A pesares da eliminación de Iago, era Mario o que collía a responsabilidade do Club e nunha gran carreira remataba no segundo posto , levandose tamén o terceiro posto da Montaña.

Logo era a volta do Alevín Iker Rodríguez que de novo subía o Pódio o acadar a terceira praza.

En Infantís era Adrián Alonso quien nos defendía colleitando o 26º posto.

Remataban os ximcaneiros e en Promesas Roi Alvarez a piques estivo de facerse coa vitória, pero o fin tivo que conformarse cun valioso 2º posto mentras que Lucas Alvarez cometía un erro que o facía baixar ata a  11ª posición.
Pablo Rodríguez de novo dominaba a categoría de Principiantes e alzábase coa vitória mentras que Irene Rodríguez tamén subía ata o terceiro posto.
FOTOS DE LUOU

lunes, 17 de julio de 2017

MEDALLA DE BRONCE PARA MARÍA CORREA NO CAMPIONATO DE GALICIA

O sabado pola tarde en Carballo disputaronse os Campionatos de Galicia de Cadetes, Júnior e Féminas en Estrada e a verdade é que con catro representantes, unha das medallas viña para o Baixo Miño.
Este prémio era para María Correa que na categoría Júnior Feminino loitou durante os 32,9 kilómetros e ata o derradeiro metro pola Medalla de Ouro que se decidíu nun axustadísimo esprint final no que María se facía con esa merecida Medalla de Bronce.
Mentras tanto a súa compañeira Irea Villa en Cadete, víase lastrada o ter que correr coas Júnior i Elites e perdía contacto coa cabeza de carreira i era baixada da mesma.

En Cadete Masculino Mario Fernández cruzaba a liña de meta no pelotón e acadaba o 10º posto mentras que a Iago Alvarez acontecíalle o mesmo que Irea i tamén era baixado da carreira.

sábado, 8 de julio de 2017

CATRO PODIOS FOI O BOTÍN ACADADO EN PONTEVEDRA

Na tarde de hoxe nos arredores da Praza da Peregrina, o Club Ciclista Farto organizaba unha carreira moi vistosa polas rúas de Pontevedra donde se trían catro Pódios para O Rosal.

Comenzaron os Promesas e Lucas Alvarez era o Pirmeiro en acadar posto de Pódio o rematar 3º seguido de Roi Alvarez no 6º.

En Principiantes de novo Pablo Rodríguez se mostraba intratable e se facía coa vitória mentras que Alvaro González facía 5º. Pola súa banda Irene Rodríguez era a que tamén se facía cun dos trofeos en xogo o rematar 3ª en Féminas.

En Alevíns era de novo Iker Rodríguez o noso representante que remataba nun honroso 10º posto.

Luís Mendez era o millor "rosaleiro" o rematar 7º en Infantís con Adrián Alonso en 17ª posición.

Remataban os Cadetes e aquí viña o derradeiro Pódio da xornada da man dunha moi feliz Irea Villa xa que facía tempo que non subía o "caixón" e que no día de hoxe remataba segunda mentras que os seus compañeiros en Masculino Mario Fernández e Iago Alvarez remataban 12º e 25º respectivamente.

Metras tanto no veciño Marín, María Correa participaba na derradeira proba da Copa de España de Féminas.
Fotos da carreira

domingo, 2 de julio de 2017

MARIO E RAÚL PROCLAMANSE CAMPIÓNS DE GALICIA DE ENDURO E PABLO VENCE EN TEIS


O ciclismo rosaleiro síntese orgulloso dos irmáns Fernández Lorenzo, pois ambolosdous veñen de proclamarse Campións de Galicia de Enduro disputado na mañán de hoxe en Gondomar.
Mario Fernández consegue o seu primeiro título autonómico o facerse coa vitória na categoría Cadete mentras que Raúl (agora nas filas do C.C. Cambre) vencía en Sub-23 e engadía esta nova Medalla de Ouro o seu amplo currículo nos que xa figuran Campionatos, Subcampionatos e Medallas de Bronce en Campionatos de Galicia de BTT XCO e de Ciclocróss así como o de Campion de España de Ciclocróss Júnior e outras Medallas de Bronce.

E mentras tanto en Vigo disputábase o 26º Gran Premio Ciclista Téis donde de novo Pablo Rodríguez se facía coa vitória en Principiantes seguido de Alvaro González no 8º posto.

En Promesas de novo Roi Alvarez quedaba a un pasiño do Pódio o rematar 4º mentras que Lucas Alvarez era 20º.

Logo era a volta dos Alevíns e alí estaba Iker Rodríguez para defender as nosas cores rematando a carreira no 8º posto.

En Infantíl eran dous os nosos representantes e o millor clasificado era Adrián Alonso no 20º posto e David Rodríguez no 33º.

Remataba a categoría Cadete e Iago Alvarez acadaba o 34º lugar da clasificación e Irea Villa o 7º en Féminas.


Por outra banda o noso directivo Alberto Rodríguez e a nosa Principiante exercían como "embaixadores" do Club Ciclista O Rosal na primeira e segunda etapas do Tour de France en Düsseldorf (Alemania) .
FOTOS