Na tarde de hoxe nos arredores da Praza da Peregrina, o Club Ciclista Farto organizaba unha carreira moi vistosa polas rúas de Pontevedra donde se trían catro Pódios para O Rosal.
Comenzaron os Promesas e Lucas Alvarez era o Pirmeiro en acadar posto de Pódio o rematar 3º seguido de Roi Alvarez no 6º.
En Principiantes de novo Pablo Rodríguez se mostraba intratable e se facía coa vitória mentras que Alvaro González facía 5º. Pola súa banda Irene Rodríguez era a que tamén se facía cun dos trofeos en xogo o rematar 3ª en Féminas.
En Alevíns era de novo Iker Rodríguez o noso representante que remataba nun honroso 10º posto.
Luís Mendez era o millor "rosaleiro" o rematar 7º en Infantís con Adrián Alonso en 17ª posición.
Remataban os Cadetes e aquí viña o derradeiro Pódio da xornada da man dunha moi feliz Irea Villa xa que facía tempo que non subía o "caixón" e que no día de hoxe remataba segunda mentras que os seus compañeiros en Masculino Mario Fernández e Iago Alvarez remataban 12º e 25º respectivamente.
Metras tanto no veciño Marín, María Correa participaba na derradeira proba da Copa de España de Féminas.
Fotos da carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario