O sabado pola tarde en Carballo disputaronse os Campionatos de Galicia de Cadetes, Júnior e Féminas en Estrada e a verdade é que con catro representantes, unha das medallas viña para o Baixo Miño.
Este prémio era para María Correa que na categoría Júnior Feminino loitou durante os 32,9 kilómetros e ata o derradeiro metro pola Medalla de Ouro que se decidíu nun axustadísimo esprint final no que María se facía con esa merecida Medalla de Bronce.
Mentras tanto a súa compañeira Irea Villa en Cadete, víase lastrada o ter que correr coas Júnior i Elites e perdía contacto coa cabeza de carreira i era baixada da mesma.
En Cadete Masculino Mario Fernández cruzaba a liña de meta no pelotón e acadaba o 10º posto mentras que a Iago Alvarez acontecíalle o mesmo que Irea i tamén era baixado da carreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario