No II Trofeo Concello de Redondela que se disputou na tarde de onte sábado, acadaronse tres Pódios e os tres foros no "caixón" máis alto, nunha xornada marcada polas chegadas de "foto-finish".
Comenzando polos "ximcaneiros", a categoría Promesa estaba representada por Lucas Alvarez, Roi Alvarez e Iker González que se quedaban nos postos 10º, 11º e 24º respectivamente.
En Principiantes Pablo Rodríguez segue sen dar opcións os seus rivais ede novo se facía coa vitória de maneira contundente mentras que David Rodríguez era 10º. Irene Rodríguez que cometía dous erros baixaba ata a 6ª posición en Féminas.
Era en Alevín donde os Xuices Arbitros tiñan que tirar por primeira vez da grabación de video para adxudicar o terceiro posto polo que loitaba Iker Rodríguez, pero que por menos dun tubular se lle quedaba na 4ª posición, que non empaña a súa gran carreira.
En Infantís gran saída de Adrián Alonso que conforme foi pasando a carreira foi perdendo posicións quedando 31º sendo superado polo seu compañeiro Sergio Vicente que facía 29º mentras que David Rodríguez era 35º.
En Cadetes disfrutamos da exibición dun corredor que comenza a creerse el mesmo que en estrada tamén pode facer grandes cousas, e éste non é outro que Mario Fernández que na volta 10 das vinte que contaba a carreira, saltaba do pelotón aumentando a súa vantaxe paulatinamente para conservar unha diferenza en torno o medio minuto e administrala de forma intelixente , o que lle valería para facerse coa primeira vitória en Cadetes. Pola súa banda Iago Alvarez tamén realizaba unha gran carreira manchando mais da metade da mesma co grupo de cabeza para ceder algo contra o final e acadar o 13º posto.
Rematamos coa carreira de Féminas na que María Correa sofría unha caida cando marchaba líder con ampla vantaxe, sendo alcanzada polas súas perseguidoras. A fín, de novo a grabación de video tivo que ser visionada para adxudicar a vitória dun esprint de "infarto" que outorgaría o primeiro posto de Júnior para a nosa María. En canto a categoría Cadete era Irea Villa a que a pesar da 6º posición final, nos obsequiaba coa súa millor carreira da tempada na que loitóu sempre sen descanso, sendo de salientar a súa reacción nos momentos difíciles.
FOTOS DA CARREIRA
No hay comentarios:
Publicar un comentario