Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 26 de noviembre de 2018

VITORIAS DE ZAIDA EN DUMBRÍA E CARRAL


Si a Bliblia dí que fai un tempo oubo un diluvio universal, nos non imos poñelo en dúbida, pero aquela sería a primeira parte xa que a segunda parte deste diluvio vivímola antes de onte sábado  no V Trofeo Concello de Dumbría de Ciclocross. Tanto foi así que a derradeira carreira da tarde tivo que darse por rematada por falta de visibilidade cando se levaba disputada a metade da mesma.

No que é a competición en sí, o Júnior Iago Alvarez acadaba un meritorio 9º posto mentras que en Sub-23 a mala sorte acoplábase a Xoel Villa en forma de avaría mecánica o romper a patilla do cambio e ter que facer medio circuito  da derradeira volta coa bicicleta o lombo, o que non lle impedíu acadar o 4º posto.
A alegría da tarde chegaba de man de Zaida González que en Sub-23 féminas se facía coa vitória de maneira incontestable.

Na mañán de onte domingo (despois de facer noite alí) continuabamos por terras coruñesas no I Trofeo Concello de Carral donde a climatoloxía xa foi de mañán soleada, o que non impedíu a formación de abundante barro por mor da choiva caida durante o día e noite anteriores.
Este barro foi o causante dunha nova avaría de Xoel Villa que se encamiñaba o seu primeiro podio na modalidade de Ciclocross, xa que neses intres era terceiro e que o final voltaría a rematar no 4º posto.
Quien tamén repetía o posto do día anterior era Zaida González que de novo se facía coa vitória que fai que se afiance no terceiro posto do ranking da clasificación absoluta.

Aquí vos deixamos os enlaces a dous videos de Luz Iglésias en Dumbría:
Video Máster 30
Vídeo Cadetes

FOTOS DE CARRAL

domingo, 18 de noviembre de 2018

TERCEIRO POSTO DE ZAIDA NA PRAIA DE EIRAS E SEGUNDO EN PONTEAREAS


Despois dunha lunga semana de traballos que comenzou o luns 12 cos traballos de marcado do circuito, onte sábado as 14:00 horas daba comenzo o XXI Trofeo Montes de Eiras de Ciclocross organizado polo Club Ciclista O Rosal coa colaboración do Concello do Rosal e Comunidade de Montes de Eiras entre outras moitas firmas colaboradoras.

O escenario era a incomparable paraxe da Praia de Eiras e os primeiros en tomar a saída eran os integrantes da categoría de Promoción que pola nosa parte estaba representada por Iker Rodríguez,
Diego Adrover, Roi Alvarez e Unai Fernández que van tomando contacto coa epcialidade.

As 14:30 comenzaba a competicón en sí coas distintas categorías de Master para as 16:30 dar a saída a derradeira carreira da xornada donde participaban os nosos ciclistas.
En Júnior, Mario Fernández non quería faltar na "carreira da casa" e facía o seu debut saindo dende a derradeira posición para logo ir ascendendo postos ata chegar o terceiro, pero como era previsible, a falta de competición  e a correspondente falta de forma física, pasabanlle factura e clasificaba no 7º posto sendo seguido moi de perto polo seu compañeiro Iago Alvarez que acadaba o 9º posto.

En Sub-23 masculino o 5º posto era para Xoel Villa mentras que en feminino de novo Zaida subía o podio, concretamente no 3º posto.

Xa na mañán de hoxe Zaida e Iago desprazabanse até Ponteareas donde participaban no I Ciclocross Ponteareas 40º Aniversario acompañados do Promesa Roi Alvarez na categoría de Promoción.
Zaida desta volta tamén subía o podio pero milloraba un posto con respecto a onte e remataba 2ª mentras que Iago baixaba ata o 11º posto.
FOTOS DE EIRAS

domingo, 11 de noviembre de 2018

XXI TROFEO MONTES DE EIRAS


Na mañán de hoxe domingo deberíamos atoparnos por terras coruñesas pero o mal tempo que causou o derribo de árbores e grandes desperfectos no circuito, obrigou o aprazamento do V Trofeo Concello de Dumbría de Ciclocross para o vindeiro sábado 24 polo que a seguinte cita no calendario da Copa Galicia é o tradicinal Trofeo Montes de Eiras para o sábado 17 e que xa vai pola súa 21ª edición.
Como de costume contamos coa inestimable colaboración da Comunidade de Montes de Eiras e do Concello de O Rosal que poñerán varios dos seus médios a disposición do Club Ciclista O Rosal para que de novo volte a brillar a organización deste evento no Baixo Miño.

As distintas mangas darán comenzo as 14:00 horas coa categoría de promoción para as 14:30 comenzar coas categorías de competicióndende Cadetes ata os Master 50-60 pasando por tódalas demáis categorías.

lunes, 5 de noviembre de 2018

ZAIDA ACADA TRES NOVOS PODIOS NESTA LONGA FIN DE SEMANA

Con tres carreiras en catro días, Zaida González facíase cun podio en cada unha delas ainda que non era dabondo para conservar a camisola de líder da Copa Galicia de Ciclocross.

Comenzouse o xoves día 1 en Culleredo donde Zaida acadaba o 2º posto en Sub 23 e Iago Lomba o 11 en Júnior.
O sabado 3 a cita era en Esmelle donde Iago non participaba e zaida que se facía de novo co 2º posto.
A derradeira cita era o domingo 4 en Ferrol donde aquí xa de novo tomaba a saída Iago que remataba no 12º posto mentras que Zaida baixaba un posto no podio o rematar 3ª.