Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 18 de noviembre de 2018

TERCEIRO POSTO DE ZAIDA NA PRAIA DE EIRAS E SEGUNDO EN PONTEAREAS


Despois dunha lunga semana de traballos que comenzou o luns 12 cos traballos de marcado do circuito, onte sábado as 14:00 horas daba comenzo o XXI Trofeo Montes de Eiras de Ciclocross organizado polo Club Ciclista O Rosal coa colaboración do Concello do Rosal e Comunidade de Montes de Eiras entre outras moitas firmas colaboradoras.

O escenario era a incomparable paraxe da Praia de Eiras e os primeiros en tomar a saída eran os integrantes da categoría de Promoción que pola nosa parte estaba representada por Iker Rodríguez,
Diego Adrover, Roi Alvarez e Unai Fernández que van tomando contacto coa epcialidade.

As 14:30 comenzaba a competicón en sí coas distintas categorías de Master para as 16:30 dar a saída a derradeira carreira da xornada donde participaban os nosos ciclistas.
En Júnior, Mario Fernández non quería faltar na "carreira da casa" e facía o seu debut saindo dende a derradeira posición para logo ir ascendendo postos ata chegar o terceiro, pero como era previsible, a falta de competición  e a correspondente falta de forma física, pasabanlle factura e clasificaba no 7º posto sendo seguido moi de perto polo seu compañeiro Iago Alvarez que acadaba o 9º posto.

En Sub-23 masculino o 5º posto era para Xoel Villa mentras que en feminino de novo Zaida subía o podio, concretamente no 3º posto.

Xa na mañán de hoxe Zaida e Iago desprazabanse até Ponteareas donde participaban no I Ciclocross Ponteareas 40º Aniversario acompañados do Promesa Roi Alvarez na categoría de Promoción.
Zaida desta volta tamén subía o podio pero milloraba un posto con respecto a onte e remataba 2ª mentras que Iago baixaba ata o 11º posto.
FOTOS DE EIRAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario