Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 26 de noviembre de 2018
VITORIAS DE ZAIDA EN DUMBRÍA E CARRAL
Si a Bliblia dí que fai un tempo oubo un diluvio universal, nos non imos poñelo en dúbida, pero aquela sería a primeira parte xa que a segunda parte deste diluvio vivímola antes de onte sábado no V Trofeo Concello de Dumbría de Ciclocross. Tanto foi así que a derradeira carreira da tarde tivo que darse por rematada por falta de visibilidade cando se levaba disputada a metade da mesma.
No que é a competición en sí, o Júnior Iago Alvarez acadaba un meritorio 9º posto mentras que en Sub-23 a mala sorte acoplábase a Xoel Villa en forma de avaría mecánica o romper a patilla do cambio e ter que facer medio circuito da derradeira volta coa bicicleta o lombo, o que non lle impedíu acadar o 4º posto.
A alegría da tarde chegaba de man de Zaida González que en Sub-23 féminas se facía coa vitória de maneira incontestable.
Na mañán de onte domingo (despois de facer noite alí) continuabamos por terras coruñesas no I Trofeo Concello de Carral donde a climatoloxía xa foi de mañán soleada, o que non impedíu a formación de abundante barro por mor da choiva caida durante o día e noite anteriores.
Este barro foi o causante dunha nova avaría de Xoel Villa que se encamiñaba o seu primeiro podio na modalidade de Ciclocross, xa que neses intres era terceiro e que o final voltaría a rematar no 4º posto.
Quien tamén repetía o posto do día anterior era Zaida González que de novo se facía coa vitória que fai que se afiance no terceiro posto do ranking da clasificación absoluta.
Aquí vos deixamos os enlaces a dous videos de Luz Iglésias en Dumbría:
Video Máster 30
Vídeo Cadetes
FOTOS DE CARRAL
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario