Na mañán de hoxe domingo deberíamos atoparnos por terras coruñesas pero o mal tempo que causou o derribo de árbores e grandes desperfectos no circuito, obrigou o aprazamento do V Trofeo Concello de Dumbría de Ciclocross para o vindeiro sábado 24 polo que a seguinte cita no calendario da Copa Galicia é o tradicinal Trofeo Montes de Eiras para o sábado 17 e que xa vai pola súa 21ª edición.
Como de costume contamos coa inestimable colaboración da Comunidade de Montes de Eiras e do Concello de O Rosal que poñerán varios dos seus médios a disposición do Club Ciclista O Rosal para que de novo volte a brillar a organización deste evento no Baixo Miño.
As distintas mangas darán comenzo as 14:00 horas coa categoría de promoción para as 14:30 comenzar coas categorías de competicióndende Cadetes ata os Master 50-60 pasando por tódalas demáis categorías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario