Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 29 de julio de 2019

IV MINI BTT COMUNIDADE DE MONTES DE SALCEDO



Alan, Edgar e Roi participaban na mañá de onte en Pontevedra no IV Mini BTT Comunidade de Montes de Salcedo.

Alan acadaba o 32º posto en Benxamíns mentras que Edgar era 24º en Promesa A e remataba Roi co 25º posto en Principiante A.

viernes, 26 de julio de 2019

ZAIDA SUBCAMPIONA DE GALICIA BTT XCO SUB-23

Onte pola mañá en Mugardos o Club Pulpeiros desta localidade de Ferrolterra organizou os Campionatos de Galicia de BTT XCO no que participaba a "nosa" Zaida González na categoría Sub-23 feminino e como non podía ser doutra maneira, Zaida amosaba toda a súa agresividade sobre a bicicleta para facerse coa Medalla de Prata e desta maneira proclamarse Subcampiona de Galicia Sub-23, outro título máis que engadir o seu extenso palmarés.
FOTOS

lunes, 22 de julio de 2019

CINCO PODIOS EN LUOU CON VITORIAS DE SARAY E ROI


Gran botín o colleitado onte en Luou (Teo) donde de dez representantes do C.C. O Rosal, cinco acadaban podios e ademais todos eles remataban entre os sete primeiros das súas respectivas categorías.

Comenzaba a categoría de Promesas e de novo Saray Coimbra se facía cunha inapelable vitória mentras que en masculino o seu irmán Diego tamén facía podio o subir o segundo "caixón".

En Principiantes "doblete dos nosos, pois Roi Alvarez facíase coa vitória mentras que Aitor Rodríguez era segundo con Lucas Alvarez quinto.

Grande a actuación dos Alevíns xa que Pablo Rodríguez era segundo, Diego Adrover cuarto e Unai Fernández quinto.

E para rematar tanto Iker Rodríguez que era 7º en Infantís como Javi Sanz que acadaba o 5º posto en Cadete,  despois de estar terceiro a 50 metros da meta, fannos agardar grandes actuacións nun futuro inmediato.

E como broche final a gran xornada de ciclismo, ainda había quen voltaba a demostrar a súa solidaridade coas vítimas do accidente ferroviario do 24 de xullo de 2013, pois Roi Alvarez acompañado dos seus proxenitores, desprazabase até Angrois para ofrecerlles a éstas vítimas o ramo de flores que momentos antes tiña conseguido co seu primeiro posto en Luou. ¡¡¡Grazas por ese gran xesto solidario Roi!!!
FOTOS

lunes, 15 de julio de 2019

GRAN SEGUNDO POSTO DE IREA VILLA NA RORIZ-ROUBAIX

Onte de novo tocaba división de equípo, pois unha "cuadrilla" partía cara a Ponteareas e outra o "estranxeiro", concretamente a Roriz (Barcelos, Portugal).
En Ponteareas disputabase o II Mini Btt desta Vila do Condado con Lucía, Iker, Alan, Edgar, Mateo e Marco.
En Benxamín Alan Alonso remataba no 28º posto e Marco Rodríguez no 29º mentras que en feminino Lucía González era 5ª.
En Promesa A Edgar Alonso era 24º e en Promesa B Mateo Rodríguez remataba 21º e Iker González 22º.

En Roriz competía a delegación composta polo Principiante Roi Alvarez, Irene Rodríguez en Alevín, Iker Rodríguez en Infantíl, Javi Sanz en Cadete e Irea Villa en Junior.
Comenzou Roi cunha proba en liña o circuito de algo mais de 3 kilómetros para logo rematar cunha ximcana e que sumados os dous tempos daballe a 13ª posición na clasificación.
A seguir era a volta de Irene que na súa categoría feminina estivo acariñando o podio durante varias fases da carreira pero que o final remataría nunha estupenda 4ª posición.
 O rematar Irene foi a volta de Iker que na categoría Infantíl poñía todo da súa parte e acadaba o 41º posto.
A derradeira carreira para os nosos era a de Javi en Cadete e Irea en Junior feminino que corrían conxuntamente. Estes terían que completar tres voltas a un cicuito de algo mais de 18º kilómetros o que os portugueses coñecen como a Roríz-Roubaix pola semellanza coa mítica París-Roubaix, no que máis do 50% do percorrido era sobre adoquíns, o que lle engadía ainda máis dificultade a carreira. Javi dava todo o que tiña pero os adoqíns facian mella físicamente falando e remataba empatado co 27º posto. Pola súa banda Irea loitou sen descanso para poder subir o podio e rematar nun fermosísimo 2º posto e que lle causou unha grande satisfacción.
FOTOS DE RORIZ
FOTOS DE PONTEAREAS

lunes, 8 de julio de 2019

EN TEIS TEMOS A VICTORIA DE SARAY POR PARTIDA DOBRE E OS PODIOS DE DIEGO, ROI E AITOR




Esta fin de semana comenzaba o sabado pola mañá co Mini BTT de Vilaboa e ata alí desprazabanse os MiniBetteros habituais e a primeira en tomar a saída era Lucía González que acadaba a 7ª posición na liña de meta na categoría Benxamín feminino mentras que en masculino Alan Alonso facía 27º e Marco Rodríguez 28º.
En Promesa B Mateo Rodríguez adxudicabase o 15º posto mentras que Iker González era 28º. Pechaba a nosa participación Edgar Alonso que facía 25º en PromesaA.

No domingo pola mañá era o segundo desprazamento, concretamente o Gran Premio Ciclista Teis e aquí as cousas non podían comenzar millor xa que Saray Coimbra facíase coa vitória en Promesa feminino, e por si era pouco, minutos mais tarde Saray tamén vencía na proba en liña. En masculino o seu irmán Diego tampouco se viña de baleiro e acadaba o trofeo da segunda praza mentras que Iker González era 5º e Mateo Rodríguez era 12º.
En Principiantes tamén tiñamos dous podios con Aitor Rodríguez no terceiro posto e Roi Alvarez segundo mentras que Lucas Alvarez era 6º. Roi facía como Saray e na proba en liña tamén se facía co segundo lugar.
En Alevín Irene Rodríguez casi que chegaba o podio pero tiña que conformarse coa 4ª praza mentras que en masculino Pablo Rodríguez acadaba o 5º posto, Unai Fernández o 7º e Diego Adrover o 9º.
En Infantíl, millora de Iker Rodríguez que se facía co 6º posto, o mesmo que Javi Sanz que tamén millora e se facía co 9º posto de Cadetes.
FOTOS DE VILABOA
FOTOS DE TEIS