Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 22 de julio de 2019

CINCO PODIOS EN LUOU CON VITORIAS DE SARAY E ROI


Gran botín o colleitado onte en Luou (Teo) donde de dez representantes do C.C. O Rosal, cinco acadaban podios e ademais todos eles remataban entre os sete primeiros das súas respectivas categorías.

Comenzaba a categoría de Promesas e de novo Saray Coimbra se facía cunha inapelable vitória mentras que en masculino o seu irmán Diego tamén facía podio o subir o segundo "caixón".

En Principiantes "doblete dos nosos, pois Roi Alvarez facíase coa vitória mentras que Aitor Rodríguez era segundo con Lucas Alvarez quinto.

Grande a actuación dos Alevíns xa que Pablo Rodríguez era segundo, Diego Adrover cuarto e Unai Fernández quinto.

E para rematar tanto Iker Rodríguez que era 7º en Infantís como Javi Sanz que acadaba o 5º posto en Cadete,  despois de estar terceiro a 50 metros da meta, fannos agardar grandes actuacións nun futuro inmediato.

E como broche final a gran xornada de ciclismo, ainda había quen voltaba a demostrar a súa solidaridade coas vítimas do accidente ferroviario do 24 de xullo de 2013, pois Roi Alvarez acompañado dos seus proxenitores, desprazabase até Angrois para ofrecerlles a éstas vítimas o ramo de flores que momentos antes tiña conseguido co seu primeiro posto en Luou. ¡¡¡Grazas por ese gran xesto solidario Roi!!!
FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario