Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 15 de julio de 2019

GRAN SEGUNDO POSTO DE IREA VILLA NA RORIZ-ROUBAIX

Onte de novo tocaba división de equípo, pois unha "cuadrilla" partía cara a Ponteareas e outra o "estranxeiro", concretamente a Roriz (Barcelos, Portugal).
En Ponteareas disputabase o II Mini Btt desta Vila do Condado con Lucía, Iker, Alan, Edgar, Mateo e Marco.
En Benxamín Alan Alonso remataba no 28º posto e Marco Rodríguez no 29º mentras que en feminino Lucía González era 5ª.
En Promesa A Edgar Alonso era 24º e en Promesa B Mateo Rodríguez remataba 21º e Iker González 22º.

En Roriz competía a delegación composta polo Principiante Roi Alvarez, Irene Rodríguez en Alevín, Iker Rodríguez en Infantíl, Javi Sanz en Cadete e Irea Villa en Junior.
Comenzou Roi cunha proba en liña o circuito de algo mais de 3 kilómetros para logo rematar cunha ximcana e que sumados os dous tempos daballe a 13ª posición na clasificación.
A seguir era a volta de Irene que na súa categoría feminina estivo acariñando o podio durante varias fases da carreira pero que o final remataría nunha estupenda 4ª posición.
 O rematar Irene foi a volta de Iker que na categoría Infantíl poñía todo da súa parte e acadaba o 41º posto.
A derradeira carreira para os nosos era a de Javi en Cadete e Irea en Junior feminino que corrían conxuntamente. Estes terían que completar tres voltas a un cicuito de algo mais de 18º kilómetros o que os portugueses coñecen como a Roríz-Roubaix pola semellanza coa mítica París-Roubaix, no que máis do 50% do percorrido era sobre adoquíns, o que lle engadía ainda máis dificultade a carreira. Javi dava todo o que tiña pero os adoqíns facian mella físicamente falando e remataba empatado co 27º posto. Pola súa banda Irea loitou sen descanso para poder subir o podio e rematar nun fermosísimo 2º posto e que lle causou unha grande satisfacción.
FOTOS DE RORIZ
FOTOS DE PONTEAREAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario