Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 8 de julio de 2019

EN TEIS TEMOS A VICTORIA DE SARAY POR PARTIDA DOBRE E OS PODIOS DE DIEGO, ROI E AITOR




Esta fin de semana comenzaba o sabado pola mañá co Mini BTT de Vilaboa e ata alí desprazabanse os MiniBetteros habituais e a primeira en tomar a saída era Lucía González que acadaba a 7ª posición na liña de meta na categoría Benxamín feminino mentras que en masculino Alan Alonso facía 27º e Marco Rodríguez 28º.
En Promesa B Mateo Rodríguez adxudicabase o 15º posto mentras que Iker González era 28º. Pechaba a nosa participación Edgar Alonso que facía 25º en PromesaA.

No domingo pola mañá era o segundo desprazamento, concretamente o Gran Premio Ciclista Teis e aquí as cousas non podían comenzar millor xa que Saray Coimbra facíase coa vitória en Promesa feminino, e por si era pouco, minutos mais tarde Saray tamén vencía na proba en liña. En masculino o seu irmán Diego tampouco se viña de baleiro e acadaba o trofeo da segunda praza mentras que Iker González era 5º e Mateo Rodríguez era 12º.
En Principiantes tamén tiñamos dous podios con Aitor Rodríguez no terceiro posto e Roi Alvarez segundo mentras que Lucas Alvarez era 6º. Roi facía como Saray e na proba en liña tamén se facía co segundo lugar.
En Alevín Irene Rodríguez casi que chegaba o podio pero tiña que conformarse coa 4ª praza mentras que en masculino Pablo Rodríguez acadaba o 5º posto, Unai Fernández o 7º e Diego Adrover o 9º.
En Infantíl, millora de Iker Rodríguez que se facía co 6º posto, o mesmo que Javi Sanz que tamén millora e se facía co 9º posto de Cadetes.
FOTOS DE VILABOA
FOTOS DE TEIS 

No hay comentarios:

Publicar un comentario