Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 4 de agosto de 2019
GRANDES VITÓRIAS DE ROI E PABLO ENTRE OUTROS PODIOS EN CAMBRE
Outra vez máis voltamos para O Rosal cun gran botín, pois no XIX G.P. Concello de Cambre disputado na tarde de onte, os podios acadados foron cinco en forma de dúas vitórias, dous segundos e un terceiro.
O primeiro e máis especial en chegar foi o do Alevín Pablo Rodríguez, "especial" xa que despois da súa etapa de "ximcaneiro"´plagada de vitórias, Pablo acadaba o primeiro primeiro triunfo en estrada baseado en estar durante toda a carreira no grupo de cabeza para na derradeira recta lanzar o ataque definitivo que o levaría a vitória cunha decena de metros sobre os seus rivais. O seu compañeiro Unai Fernández tamén estaba a gran altra o rematar 6º mentras que en feminino Irene Rodríguez tamén estaba no grupo dianteiro e remataba 5ª.
Iker Rodríguez loitaba o indecíble pero desta volta non era quien de pasar da 14ª posición, o igual que lle pasaría a Javi Sanz que non quedaba nada satisfeito da súa actuación o rematar 17º na categoría Cadete. Pola súa banda Irea Villa desta volta estaba lonxe das primeiras e non pasaba do 4º posto na categogía Junior.
Remataban as categorías de Promesa e Principiante e na primeira delas eran Saray e Diego Alvarez Coimbra que se facían con sendos segundos postos maentras que Mateo Rodríguez facía a súa millor actuación e remataba no 5º posto mentras que en Principiantes Roi Alvarez se facía de novo coa vitória xunto co terceiro posto de Lucas Alvarez e o cuarto de Aitor Rodríguez.
FOTOS
E hoxe pola mañá Marco, Mateo e Roi prticipaban no Mini BTT de Marín donde Marco era 31º en Benxamín, Mateo 23º en Promesa B e Roi 22º en Principiantes A
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario