Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 18 de agosto de 2019

HOXE TEMOS O RESUMO DO XOVES EN BETANZOS E DE ONTE NA PISTA DAS FAIAS








Comenzaremos polo acontecido no día 15 no IV TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE DE BETANZOS donde os nosos representantes acadaron tres podios, todos eles por parte dos "ximcaneiros" comenzando polo primeiro de Iker González, o que a chamada o podio o pillaba por sorpresa e que non cabía dentro de sí o recibir o trofeo como 2º clasificado da categoría Promesas.

Continuabamos con Roi Alvarez e Lucas Alvarez que voltaban a dominar a categoría o facer 1º Roi e 3º Lucas.

En Alevín a fémina Irene Rodríguez e Pablo Rodríguez eran a nosa representación en Alevín co 5º posto para Irene e o 4º para Pablo. Logo chegaba a categoría Infantíl con Iker Rodríguez que remataba no 9º posto.
Javi Sanz era o encargado de pechar a participación "rosaleira" o acadar o 7º posto en Cadete.

Mentras isto acontecía en Betanzos, Irea Villa competía na Freguesía de Santa Marta de Portuzelo da veciña localidade lusa de Viana do Castelo, acadando o 4º posto en Junior feminino.

Logo de todo o anterior, na tarde de onte era a volta da terceira (de cuatro) das probas que o Club Ciclista O Rosal organiza ésta tempada e que non é outra que a tradicional Pista de As Faias que coa de onte xa leva 28 anos ininterrumpidos no calendario galego.
Comenzabase a participacón coas categorías d@s máis nov@s e en Promesas a nosa "pequerrecha" Lucía González subía o podio na terceira posición mentras que a primeira de novo era para a dominadora da categoría que é Saray Coimbra que coa súa templanza e tranquilidade que a caracteriza, facía que a vitória fose para ela. E para non ser menos Diego Coimbra emulaba a súa irmá Saray e tamén se facía co primeiro posto en masculino mentras que Iker González era 6º, Mateo Rodríguez 8º, Edgar Alonso 10º, Marco Rodríguez 12º e Alan Alonso 14º.
 En Principiantes de novo Roi Alvarez se mostraba intratable e vencía con claridade mentras que Lucas Alvarez era 4º e Aitor Rodríguez facía 7º.

En Alevín a vitória a piques estivo de quedar na casa, pois Pablo Rodríguez esprintou con Diego Lopez ( C.C. Compostelano) ata a mesma liña de meta e que a fin se tiña que contentar co 2º posto mentras que Unai Fernández tamén se lucía diante do seu público e acadaba unha gran 4ª posición.
A fémina Irene Rodríguez apoiada polo seu "club de Fans", escapabaselle o podio e remataba no 4º posto.

Primeiro podio na categotía Infantíl para Iker Rodríguez que nun apretadísimo esprint se facía co terceiro posto, o que o enchía de ledicia xa que nesta ocasión os trofeos entregados levaban impresa a súa imaxe.
Remataba Javi Sanz o que un inoportuno problema técnico lle impedía loiar pola vitória que acadara no ano pasado e tiña que conformarse co oitavo posto.

Unha vez rematada a competición, procedeuse a entrega de premios de man da alcaldesa Anxela Fernández, o cencelleiro de deportes Germán Fernández, o presidente da Comunidade de Montes de San Xoán de Tabagón Argimiro Martínez e do presidente da Federación Galega de Ciclismo Juan Carlos Muñíz que nos honrou coa súa visita.
Tamén queremos agradecer @s volntari@s que colaboraron co noso Clube así como o Concello de O Rosal, a Comunidade de Montes de Tabagón, a Deporte Galego,as firmas comericais e todos aqueles que dunha ou doutra maneira contribuiron a que o XXVII Trofeo Pista de As Faias voltase a ser un éxito.
FOTOS DE BETANZOS (por xentileza de Luz Iglésias)  
FOTOS DE AS FAIAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario