Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 26 de agosto de 2019
FIN DE SEMANA CON CATRO PODIOS, DOUS DELES DE IREA VILLA
Outra fin de semana intensa con dobre desprazamento a Vigo e tamén visita a Carballiño.
Comenzamos o sabado co XLVI G.P. Cidade de Vigo coas féminas Promesas con Saray Coimbra que de novo estaba no podio o rematar segunda mentras que Lucía González era 5ª. En masculino tan só un chisquiño lle faltou a Marco Rodríguez para acadar o seu primeiro podio o rematar 4º mentras que Diego Coimbra era 10º, Iker González 11º e Marco Rodríguez 17º.
En Principiantes era Lucas Alvarez o que subía o "caixón" o acadar o 2º posto mentras que Roi Alvarez facía 4º .
Pasamos xá a Alevíns e desta volta Pablo Rodríguez quedabase sin premio o rematar no 4º posto, mentras que Unai Fernández que liderou a carreira en agunhas fases da mesma acadaba o 8º posto e donde o 11º era para Diego Adrover. En feminino Irene Rodríguez remataba na 7ª posición.
En Infantís outra boa carreira de Iker Rodríguez que acadaba o 8º posto mentras que Javi Sanz facía 16º en Cadetes para rematar coa categoría Junior, na que Iago Alvarez remataba no 24º posto mentras que en féminas gran resultado para Irea Villa que lograba o 2º posto.
O domingo continuamos en Vigo para comenzar coa Cronoescalada Porta do Sol-Monte Castro con Javi Sanz que facía 17º e Irea Villa que se facía co terceiro posto. Unha vez rematada ésta deuse paso a proba de Fondo no circuito do Monte Castro no que Javi se facía co 22º posto e Irea de novo terceira. Coa suma destas dúas probas, o resultado final era o 18º posto para Javi en Cadetes e o terceiro para Irea en féminas Junior.
E para rematar esta mañá dominical Lucía e Iker González xunto con Roi Alvarez competían no III Mini BTT Concello do Carballiño co 23º posto para Roi en Principiantes A, o 16º para Iker en Promesa B e o 6º para Lucía en Benxamín feminino.
FOTOS DE VIGO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario