Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 8 de septiembre de 2019
CAMPIONATOS DE GALICIA DE ESTRADA
Na tarde de onte era en Monforte de Lemos donde as tres da tarde daban comenzo os Campionatos de Galicia de Estrada donde o Club Ciclista O Rosal estaba representado por Javi Sanz, Irea Villa e Zaida González.
Nestes campionatos non fomos quien de acadar nigún podio pero voltamos de Monforte moi contentos e satisfeitos co comportamento da nosa representación, xa que en todo momento estiveron "dando a cara" en carreira.
Comenzou Javi na categoría Cadete que estivo no grupo de cabeza ata mediada a carreira para logo na segunda metade quedarse no grupo perseguidor e que chegaría a meta na 22ª posición.
Despois dos Cadetes era a volta das Féminas na que competían tódalas categorías xuntas e tanto Irea como Zaida estiveron a gran nivel, sobre todo ésta última xa que despóis de tres anos era a súa primeira carreira en estrada.
No que respecta a Irea, circulaba no pelotón ata o kilómetro 9.0 donde mediado o primeiro porto de montaña se quedaba retrasada para logo clasificar no 5º posto Junior na liña de meta.
Zaida tamén facía algo similar a Irea e se quedaba nun segundo grupo que completaría as dúas voltas o circuito cun tempo de 01:11:06 tamén na 5ª posición de Sub 23.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario