Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 2 de septiembre de 2019
DÍA GRANDE PARA UNAI FERNÁNDEZ EN MARÍN
A de onte voltou a ser outra mañán cargada de éxitos e desta volta foi en Seixo (Marín) donde participaron as categorías de Escolas e Cadetes.
Como non podía ser doutra maneira, as nosas féminas continúan a darnos alegrías comenzando por Saray Coimbra que outra vez se facía coa vitória en Promesas mentras que Lucía González tamén subía o podio, concretamente no terceiro caixón. En masculino Diego Coimbra non quería ser menos e acadaba o segundo posto, mentras que Mateo Rodríguez era 6º, Iker González 7º e Marco Rodríguez 15º.
En Principiantes de novo o posto mais alto era para Roi Alvarez que se facía coa vitória de maneira inapelable seguido por Aitor Rodríguez 6º e Lucas Alvarez 7º.
Xa facía uns cantos anos que na categoría Alevín masculino non colleitabamos dous podios e foi onte cando voltamos as "andadas" xa que Pablo Rodríguez era segundo e Unai Fernández terceiro no que era o seu primeiro podio dende que en abril debutara coa "biblicleta de carreiras". Despois deles situábase Diego Adrover no 7º posto e Irene Rodríguez no 5º en féminas.
Continuaba a categoría Infantíl na cual Iker Rodríguez se facía co 13º posto para rematar con Javi Sanz que era 15º en Cadete.
FOTOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario