Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 17 de noviembre de 2019

GRANDE ESPECTÁCULO ONTE NOS MONTES DE EIRAS





No Club Ciclista O Rosal estábamos un pouco coa incógnita de como sairía éste XXII Trofeo Montes de Eiras de Ciclocross, pois fai escasamente un mes nos era comunicado que por causas medioambientais non era viable e súa celebración no lugar de habitude, ou sexa na Praia de Eiras. Estivemos uns días paralizados reflexionando sobre si  cancelabamos a proba ou buscabamos outra ubicación e o final e grazas a grande colaboración da Comunidade de Montes de Eiras decantámonos por o lugar de Carril  e a partir de ahí comenzou unha grande e invisible laboura de trámites burocráticos con varias viaxes a Pontevedra as sedes de Medio Ambiente, Medio Rural, DGT e o Concello de O Rosal para nun tempo record acadar tódalas autorizacións precisas e comenzar unhas inmensas xornadas de traballo físico para dar forma o millor circuito posible e que @s ciclistas o poidesen disfrutar.
 En canto o deportivo suliñar  a participación duns 350 ciclistas de tódalas idades que xunto cos seus acompañantes chegados de toda Galicia e norte de Portugal e público en xeral, facía que a zona de Carril (Eiras) cobrase unha vida especial, pois nos seus montes xuntaba máis dun millar de persoas que desfrutaron dunha tarde de ciclismo e do Monte de Eiras.

Polo C.C. O Rosal perticipaban na proba non competitiva Irene Rodríguez, Roi Alvarez, Iker Rodríguez e Lucas Alvarez.

En Cadetes era de novo Javi Sanz o noso representante que acadaba a súa millor clasificación da tempada o rematar na 11ª posición mentras que Iago Alvarez tamén asinaba unha boa actuación o rematar 22º en Junior.

En Sub23 ésta era a segunda carreira de tempada para Xoel Villa na que acadaba o 7º posto mentras que de novo Zaida González, como non podía ser doutra maneira, na carreira da "casa"  subía de novo o podio, desta vez na segunda posición.
Tamén queremos facer un inciso sobre a carreira élite masculina que nos brindou un espectáculo que xa non lembrabamos, xa que entre Jacobo Ucha (Quebici-Marcisport) e Dani López (Burgos-BH) fixeron unha carreira man a man coas dúas derradeiras volta de infarto con contínuos adiantementos que fixeron vibrar o numeroso público asistente, e que fai que carreiras como ésta  creen afición polo espectáculo do ciclocross.
Outro momento especial foi cando Juan Carlos Muñíz (presidente da Federación Galega de Ciclismo) lle facía entrega do "maillot" da Copa Galicia de Ciclocross a nosa alcaldesa Anxela Fernández.

Agradecer de novo a Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Eiras e o Concello de O Rosal toda a colaboración prestada para a realización deste grande evento ciclista.
¡¡¡¡Para o ano que ven, máis e millor!!!!
FOTOS

domingo, 10 de noviembre de 2019

CICLOCROSS TERRAS DO VAKNER (DUMBRÍA) CON PODIO DE ZAIDA



Onte foi tarde de barrizal no vi Ciclocross Teras de Vakner de Dumbría (A Coruña) que podedes ver na galería de imaxes.
O Club Ciclista Dumbría preparou un percorrido con varias "fochancas" de auténtico barrizal e que lle daban espectacularidade a proba.

O primeiro "rosaleiro" en participar era Roi Alvarez na categoría de Promoción para que de seguido fose Javi Sanz na súa segunda experiencia na especialidade que na categoría Cadete sofría un pinchazo nos primeiros 50 metros e a causa do mesmo tiña que percorrer medio circuito (1.500 metros) coa bicicleta o lombo para chegar a zona de asisténcia donde o noso mecánico Jenaro lle facilitaba outra bici de recambio pero que xa non era quién de recuperar ningunha posición e remataba no 15º posto.

Na derradeira carreira da tarde (Elite e Sub23) eran Zaida González e Xoel Villa os que tomaban a saída e de novo Zaida loitando "contra os elementos" e despóis de varias caídas nas "fochancas" era de novo a que traía un posto de podio, concretamente o terceiro.
En canto a Xoel , aínda sen estar recuperado dos seus problemas físicos decidía debutar ésta tempada e non era quién de ir mais alá do 8º posto.
Galería de fotos 

Tomade nota e apuntade na vosa axenda o vindeiro sábado 16 de novembro, pois o Club Ciclista O Rosal organiza unha nova carreira do Ciclocross Montes de Eiras, que xa vai pola 22ª edición e que éste ano vai contar coa novidade do novo emprazamento do circuito que será en Carril (Eiras), na zona do cemiterio. Contamos coa vosa asistencia.


domingo, 3 de noviembre de 2019

DOBRE PODIO PARA ZAIDA NOS DESPRAZAMENTOS A CULLEREDO E ESMELLE


A fin de semana de competición comenzou o venres co 3º Trofeo Concello de Culleredo de Ciclocross con Roi Alvarez na categoría non competitiva de Promoción e con Zaida González en féminas Sub23, donde se facía co segundo posto da categoría.
Xa na xornada de onte sábado repetían Roi e Zaida cos mesmos resultados que no día anterior rematando ésta última de novo na segunda posición o que fai que na clasificación xeral da Copa Galicia tamén sexa segunda.
A vindeira xornada tocará desprazamento a Dumbría o día 9 para na seguinte fin de semana (16 de novembro) disputar a carreira "da casa" no novo circuito de Carril (Eiras) que organiza o Club Ciclista O Rosal.