Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 3 de noviembre de 2019

DOBRE PODIO PARA ZAIDA NOS DESPRAZAMENTOS A CULLEREDO E ESMELLE


A fin de semana de competición comenzou o venres co 3º Trofeo Concello de Culleredo de Ciclocross con Roi Alvarez na categoría non competitiva de Promoción e con Zaida González en féminas Sub23, donde se facía co segundo posto da categoría.
Xa na xornada de onte sábado repetían Roi e Zaida cos mesmos resultados que no día anterior rematando ésta última de novo na segunda posición o que fai que na clasificación xeral da Copa Galicia tamén sexa segunda.
A vindeira xornada tocará desprazamento a Dumbría o día 9 para na seguinte fin de semana (16 de novembro) disputar a carreira "da casa" no novo circuito de Carril (Eiras) que organiza o Club Ciclista O Rosal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario