Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 10 de noviembre de 2019
CICLOCROSS TERRAS DO VAKNER (DUMBRÍA) CON PODIO DE ZAIDA
Onte foi tarde de barrizal no vi Ciclocross Teras de Vakner de Dumbría (A Coruña) que podedes ver na galería de imaxes.
O Club Ciclista Dumbría preparou un percorrido con varias "fochancas" de auténtico barrizal e que lle daban espectacularidade a proba.
O primeiro "rosaleiro" en participar era Roi Alvarez na categoría de Promoción para que de seguido fose Javi Sanz na súa segunda experiencia na especialidade que na categoría Cadete sofría un pinchazo nos primeiros 50 metros e a causa do mesmo tiña que percorrer medio circuito (1.500 metros) coa bicicleta o lombo para chegar a zona de asisténcia donde o noso mecánico Jenaro lle facilitaba outra bici de recambio pero que xa non era quién de recuperar ningunha posición e remataba no 15º posto.
Na derradeira carreira da tarde (Elite e Sub23) eran Zaida González e Xoel Villa os que tomaban a saída e de novo Zaida loitando "contra os elementos" e despóis de varias caídas nas "fochancas" era de novo a que traía un posto de podio, concretamente o terceiro.
En canto a Xoel , aínda sen estar recuperado dos seus problemas físicos decidía debutar ésta tempada e non era quién de ir mais alá do 8º posto.
Galería de fotos
Tomade nota e apuntade na vosa axenda o vindeiro sábado 16 de novembro, pois o Club Ciclista O Rosal organiza unha nova carreira do Ciclocross Montes de Eiras, que xa vai pola 22ª edición e que éste ano vai contar coa novidade do novo emprazamento do circuito que será en Carril (Eiras), na zona do cemiterio. Contamos coa vosa asistencia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario