Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 17 de noviembre de 2019
GRANDE ESPECTÁCULO ONTE NOS MONTES DE EIRAS
No Club Ciclista O Rosal estábamos un pouco coa incógnita de como sairía éste XXII Trofeo Montes de Eiras de Ciclocross, pois fai escasamente un mes nos era comunicado que por causas medioambientais non era viable e súa celebración no lugar de habitude, ou sexa na Praia de Eiras. Estivemos uns días paralizados reflexionando sobre si cancelabamos a proba ou buscabamos outra ubicación e o final e grazas a grande colaboración da Comunidade de Montes de Eiras decantámonos por o lugar de Carril e a partir de ahí comenzou unha grande e invisible laboura de trámites burocráticos con varias viaxes a Pontevedra as sedes de Medio Ambiente, Medio Rural, DGT e o Concello de O Rosal para nun tempo record acadar tódalas autorizacións precisas e comenzar unhas inmensas xornadas de traballo físico para dar forma o millor circuito posible e que @s ciclistas o poidesen disfrutar.
En canto o deportivo suliñar a participación duns 350 ciclistas de tódalas idades que xunto cos seus acompañantes chegados de toda Galicia e norte de Portugal e público en xeral, facía que a zona de Carril (Eiras) cobrase unha vida especial, pois nos seus montes xuntaba máis dun millar de persoas que desfrutaron dunha tarde de ciclismo e do Monte de Eiras.
Polo C.C. O Rosal perticipaban na proba non competitiva Irene Rodríguez, Roi Alvarez, Iker Rodríguez e Lucas Alvarez.
En Cadetes era de novo Javi Sanz o noso representante que acadaba a súa millor clasificación da tempada o rematar na 11ª posición mentras que Iago Alvarez tamén asinaba unha boa actuación o rematar 22º en Junior.
En Sub23 ésta era a segunda carreira de tempada para Xoel Villa na que acadaba o 7º posto mentras que de novo Zaida González, como non podía ser doutra maneira, na carreira da "casa" subía de novo o podio, desta vez na segunda posición.
Tamén queremos facer un inciso sobre a carreira élite masculina que nos brindou un espectáculo que xa non lembrabamos, xa que entre Jacobo Ucha (Quebici-Marcisport) e Dani López (Burgos-BH) fixeron unha carreira man a man coas dúas derradeiras volta de infarto con contínuos adiantementos que fixeron vibrar o numeroso público asistente, e que fai que carreiras como ésta creen afición polo espectáculo do ciclocross.
Outro momento especial foi cando Juan Carlos Muñíz (presidente da Federación Galega de Ciclismo) lle facía entrega do "maillot" da Copa Galicia de Ciclocross a nosa alcaldesa Anxela Fernández.
Agradecer de novo a Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Eiras e o Concello de O Rosal toda a colaboración prestada para a realización deste grande evento ciclista.
¡¡¡¡Para o ano que ven, máis e millor!!!!
FOTOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario