Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 4 de diciembre de 2022

TROFEOS DE PORRIÑO E MACEDA DE CICLOCROSS

Como nestes días non temos competición, aproveitamos para poñernos cos resultados acadados na pasada fin de semana nos V TROFEO CICLOCROSS AVANZA CONCELLO DO PORRIÑO e XV CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA.

No sábado 26 nos arredorers do campo de fútbol de Chenlo (Porriño), Roi Alvarez participaba na carreira de Promoción, e a seguir era a volta de Unai Fernández e Irene Rodríguez que clasificaban nos postos 17º e 7º en Cadete masculino e feminino respectivamente.

En Master 40 o 40º era para Oscar Trigo e o 47º para Borja Rodríguez.

Remataba Xoel Villa que na categoría Elite se facía co 23º posto.

No domingo pola mañá ben cedo xa estabamos nos arredores do Castelo de Maceda para que Irene se fixese co 9º posto en Cadete féminas, Oscar Trigo 42º en Borja Rodríguez 52 en Master 40 e Xoel Villa 20º en Elite.

FOTOS DE PORRIÑO (Ramón Villa e Luz Iglesias)

FOTOS DE MACEDA (Luz Iglesias)


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario