Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 30 de noviembre de 2009

Este sábado 5 de decembro XIII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras de Ciclo-cross

O Club Ciclista O Rosal organiza o proximo sabado 5 de decembro a partires das 15:00 horas a súa proba anual de ciclo-cross na Praia de Eiras.
Nesta proba participarán ciclistas nas categorías de Cadetes, Júnior, Sub-23, Elite, Féminas e Master.
O circuito constará de unha zona llana polas orillas da praia e outra zona de constantes subidas e baixadas polo medio dos piñeiros para desta forma ver tramos rápidos con outros mais técnicos.
Esperamos que os afeccionados de O Rosal non se perdan esta oportunidade de disfrutar do millor ciclismo galego.

domingo, 29 de noviembre de 2009

Fin de semana con dous podios

Esta vez en Rois (A Coruña) no III Trofeo Concello de Rois de Ciclo-cross, foi Manuel González na categoría Cadete o que subiu o podio cun magnifico 3º posto nunha carreira que como a de onte en Ames non estivo exenta de dificultades por mor da choiva que como se pode ver nas fotos deixou o circuito que nalgunhas zonas mais ben parecía unha "piscina" e noutras zonas o barro era o que predominaba na pista. A clasificación complétase co 4º posto de Antonio Portela, Alejandro Lomba 6º, Iván Morais 7º, Adrián Vicente 12º e Pablo Cividanes 15º. Como pode apreciarse nas distintas carreiras, os nosos "cadetes" están sempre entre os millores da categoría e na de hoxe dos sete primeiros, cuatro eran corredores do C.C. O Rosal.
Brais González desta vez fíxose co posto 13º na categoría Júnior e en Sub-23 Fernándo González non coseguiu clasificarse nunha carreira tan dura polas condicións do circuito que lle causou numerosos problemas macánicos. Queremos suliñar dinde ésta páxina que esta categoría de Sub-23 foi gañada polo actual Campión de España de Contrarreloxo Individual Sub-23 Aser Estévez do Club Ciclista Spol-Caixanova, ciclista que se formou e competiu até os 18 anos no Club Ciclista O Rosal.
Queremos agradecer dinde aquí a Luz, unha rapaza que de maneira totalmente desinteresada e sacadas dos seus álbums nos facilita parte das fotos que aquí se mostran. Gracias Luz.
A vindeira carreira terá lugar na praia de Eiras (O Rosal) organizada polo Club Ciclista O Rosal o vindeiro sabado 5 de decembro.

sábado, 28 de noviembre de 2009

Outro podio en Ames


Esta vez foi no coruñés Concello de Ames donde se acadou outro podio con Antonio Portela que se fixo acreedor do 2º posto a tan só 39 segundos do vencedor que foi Daniel López do C.C. Cambre-Renault Caeiro nunha carreira disputada baixo unhas condicions climatolóxicas moi duras debido a forte choiva que caeu durante toda a tarde. Pola sua parte Manuel González estivo preto de subir tamén o "caixón" xa que quedou no 4º posto a 30 segundos do terceiro clasificado Angel Diz do Spol-Caixanova. Alejandro Lomba fixose co 7º posto, Iván Morais 11º, Adrián Vicente 15º e Pablo Cividanes 16º. Esta foi a clasificación da categoría Cadete.
Na categoría Júnior Brais González acadou o posto 15º e en Sub-23 Fernando González colleitou o posto 11º.

viernes, 27 de noviembre de 2009

Novo fin de semana de Ciclo-cross

Esta será outra fin de semana con duas carreiras na provincia de A Coruña nas que os nosos ciclistas voltarán a demostrar a súa valía.
O sabado 28 dispútase o III Trofeo Concello de Ames organizado polo Club Ciclista Asociación Galega de Ciclistas Castrosua a partir das 15:00 horas.
No domingo 29 será o Club Ciclista Padronés o que organizará nas inmediacions do Campo de Futbol de Urdilde o III Trofeo Concello de Rois a partires das 10:00 horas da mañán.

martes, 24 de noviembre de 2009

Toni e Manuel coa Selección Galega


A pesares de ser o primeiro ano en ciclo-cross, a tempada que están realizando os nosos "cadetes" non pasa desapercibida polo Seleccionador Galego de Ciclo-cross Moisés Leboso que como recompensa os éxitos que están obtendo, decidiu "seleccionar" a Manuel González e Antonio Portela coa Selección Galega para acudir o XXXIII Ziklokross Igorre que se disputará o vindeiro 6 de decembro nesta localidade vasca de Igorre a 22 km. de Bilbao e donde voltarán a pelexar contra do millor do ciclismo nacional.

domingo, 22 de noviembre de 2009

Toni sobe o podio en Asturias


Despois da boa xornada de onte en Cambre, a de hoxe non se quedou atrás xa que ésta mañá en Navia (Asturias) na segunda proba da fin de semana da Copa de España de Ciclo-cross nun circuito baistante rápido cun tramo de 200 metros pola area da praia de Navia e marcado pola humidade e polo vento que pegaba de cara e de costado, os nosos ciclistas voltaron a dar que falar o resto da "España ciclista" xa que o "Cadete" Antonio Portela nunha carreira moi intelixente pola sua parte, fíxose co 3º posto demostrando que está entre os millores da categoría a nivel de España. Pola outra parte Manuel González 11º, Alejandro Lomba 18º, Iván Morais 23º, Adrián Vicente 35º e Pablo Cividanes 36º voltaron a demostrar a súa valía.
En Junior Brais González acadou o 28º posto e en Sub-23 Fernando González o 18º da súa categoría.
A vindeira fin de semana achegaremonos no sábado até Ames e no domingo a Rois.

sábado, 21 de noviembre de 2009

Charla-coloquio no Rosal


Onte 20 de novenbro celebrouse a Charla-coloquio no Auditorio Municipal na que participaron por parte do Xacobeo Galicia Serafín Martínez, Ezequiel Mosquera e Iván Raña, e tamén participaron o psicólogo Juancho Armental, o xornalista deportivo Terio Carrera e o "contacontos" rosaleiro Benito Gerreiro.
Todos eles comentaron vivencias da vida no ciclismo profesional así como no ciclismo amateur e como non tamén o ciclismo de escolas respostando as preguntas do numeroso público que seguiu a charla con grande interese e expectación.
Por parte dos nosos ciclistas que o principio se amosaban algo reacios a participar na rolda de preguntas foi o Benxamín Mario Fernández quen rompeu o xeo e a partires dese momento os demais compañeiros xa se animaron a participar mais activamente.
O mesmo tempo tamén se lle tributou un grande aplauso o noso presidente Gerardo Alvarez en agradecemento os mais de vinte anos que leva no cargo da presidencia.

Copa de España en Cambre


De moi positiva se pode calificar a actuación dos nosos ciclistas no día de hoxe na proba de ciclo-cross da Copa de España en Cambre, pois tiveron que loitar contra corredores achegados de toda a xeografía española i estas foron as clasificacions acadadas.
Na categoría Cadete Antonio Portela foi 8º, Manuel González 10º, Iván Morais 11º, Alejandro Lomba 24º, Pablo Cividanes 33º e Adrián Vicente 35º.
En Junior Brais González fíxose co 27º posto mentres que o outro representante da categoría Miguel Rodríguez inda non participa por mor da lesión que leva padecendo dinde a carreira de Villaralbo (Zamora) no comenzo da tempada.
En Sub-23, magnífico 5º posto de Fernando González.
Unha vez finalizada a proba continuaron a sua ruta cara a Asturias donde pernoctarán para mañán a partires das 09:30 horas se disputa a Ciclo-cross Villa de Navia-VI Memorial Andrés Méndez.

lunes, 16 de noviembre de 2009

Copa de España de Ciclo-cross

A vindeira fin de semana dispútanse duas probas do calendario da Copa de España de Ciclo-cross as cuales acudirán os ciclistas "rosaleiros".
A primeira será a proba organizada polo Club Ciclista Cambre denominada 1º G.P. Concello de Cambre a disputarse no Parque Deportivo Acea da Ma o sábado 21 de novembro a partires das 10:00 horas.
A segunda, Ciclo-cross Villa de Navia-VI Memorial Andrés Méndez será organizada pola Peña Ciclista Navia en Vega de Arenas, Navia (Asturias) o domingo 22 a partires das 9:30 horas.

Charla-coloquio sobre o Ciclismo e o Deporte Galego


O vindeiro venres 20 de novembro as 19:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal terá lugar unha charla-coloquio sobre o CICLISMO E O DEPORTE GALEGO a que asistirán os ciclistas Serafín Martínez, Ezequiel Mosquera e Iván Raña os que acompañarán o xornalista deportivo Terio Carrera e o psicólogo deportivo Juancho Armental.
O Club Ciclista O Rosal quere pedir a tódo-los ciclistas e demais deportistas en xeral así como a afeccionados ou non o deporte que acudan a ésta cita xa que se tratarán temas importantes para o deporte do Rosal.

domingo, 15 de noviembre de 2009

Ciclo-cross en Santiago


Este domingo 15 celebrouse o 8º Trofeo Concello de Santiago de ciclo-cross organizado polo Club Ciclista Compostelano e baixo unhas condicions metereolóxicas moi adversas por mor do vento e en maior medida pola choiva que caiu durante toda a mañá que fixo que o circuito estivese embarrado e moi escorregadío facendo a disputa da proba moito mais dura.
Polo que respeita os corredores do Club Ciclista O Rosal temos que salientar outro 2º posto na categoría Cadete pero desta volta a cargo Manuel Lomba que pasou a liña de meta na compaña do seu compañeiro de equipo Antonio Portela no 4º lugar da clasificación a nove segundos do vencedor, 5º foi Iván Morais, 9º Alejandro Lomba, 14º Adrián Vicente e Pablo Cividanes 16º.
En Junior, Brais González foi 12º e en Sub-23 Fernando González apoderouse do 7º posto da categoría.

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Ciclo-cross en Santiago

O vindeiro domingo 11 de novembro celebrase o 8º Trofeo Concello de Santiago organizado polo Club Ciclista Compostelano, proba que dará comezo as 10:00 horas da mañá no Parque Granxa do Xesto e a que acudirán os Cadetes, Junior e Sub-23 do CC O Rosal.

domingo, 1 de noviembre de 2009

Ciclo-cross en Negreira




Este sabado dia 31 o Club Ciclista O Rosal desplazou os Cadetes, Junior e Sub-23 até a coruñesa localidade de Negreira para disputar alí o I Trofeo Villa de Negreira de Ciclocross.
Segunda carreira como cadete e primeiro podio para Antonio Portela que se fixo cun sobresainte 2º posto. Completaron a clasificación Manuel González 4º, Iván Morais 6º, Alejandro Lomba 7º, Adrián Vicente 14º e Pablo Cividanes 16º.
Na categoría Junior Brais González 13º foi unico participante do C.C. O Rosal xa que Miguel Rodríguez está mancado nun xeonllo por mor dunha caída na carreira de Villaralbo (Zamora).
En Sub-23 Fernando González trouxo para O Rosal o 5º posto da categoría.