Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 15 de noviembre de 2009

Ciclo-cross en Santiago


Este domingo 15 celebrouse o 8º Trofeo Concello de Santiago de ciclo-cross organizado polo Club Ciclista Compostelano e baixo unhas condicions metereolóxicas moi adversas por mor do vento e en maior medida pola choiva que caiu durante toda a mañá que fixo que o circuito estivese embarrado e moi escorregadío facendo a disputa da proba moito mais dura.
Polo que respeita os corredores do Club Ciclista O Rosal temos que salientar outro 2º posto na categoría Cadete pero desta volta a cargo Manuel Lomba que pasou a liña de meta na compaña do seu compañeiro de equipo Antonio Portela no 4º lugar da clasificación a nove segundos do vencedor, 5º foi Iván Morais, 9º Alejandro Lomba, 14º Adrián Vicente e Pablo Cividanes 16º.
En Junior, Brais González foi 12º e en Sub-23 Fernando González apoderouse do 7º posto da categoría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario