Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 21 de noviembre de 2009

Charla-coloquio no Rosal


Onte 20 de novenbro celebrouse a Charla-coloquio no Auditorio Municipal na que participaron por parte do Xacobeo Galicia Serafín Martínez, Ezequiel Mosquera e Iván Raña, e tamén participaron o psicólogo Juancho Armental, o xornalista deportivo Terio Carrera e o "contacontos" rosaleiro Benito Gerreiro.
Todos eles comentaron vivencias da vida no ciclismo profesional así como no ciclismo amateur e como non tamén o ciclismo de escolas respostando as preguntas do numeroso público que seguiu a charla con grande interese e expectación.
Por parte dos nosos ciclistas que o principio se amosaban algo reacios a participar na rolda de preguntas foi o Benxamín Mario Fernández quen rompeu o xeo e a partires dese momento os demais compañeiros xa se animaron a participar mais activamente.
O mesmo tempo tamén se lle tributou un grande aplauso o noso presidente Gerardo Alvarez en agradecemento os mais de vinte anos que leva no cargo da presidencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario