Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 21 de noviembre de 2009

Copa de España en Cambre


De moi positiva se pode calificar a actuación dos nosos ciclistas no día de hoxe na proba de ciclo-cross da Copa de España en Cambre, pois tiveron que loitar contra corredores achegados de toda a xeografía española i estas foron as clasificacions acadadas.
Na categoría Cadete Antonio Portela foi 8º, Manuel González 10º, Iván Morais 11º, Alejandro Lomba 24º, Pablo Cividanes 33º e Adrián Vicente 35º.
En Junior Brais González fíxose co 27º posto mentres que o outro representante da categoría Miguel Rodríguez inda non participa por mor da lesión que leva padecendo dinde a carreira de Villaralbo (Zamora) no comenzo da tempada.
En Sub-23, magnífico 5º posto de Fernando González.
Unha vez finalizada a proba continuaron a sua ruta cara a Asturias donde pernoctarán para mañán a partires das 09:30 horas se disputa a Ciclo-cross Villa de Navia-VI Memorial Andrés Méndez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario