Esta vez en Rois (A Coruña) no III Trofeo Concello de Rois de Ciclo-cross, foi Manuel González na categoría Cadete o que subiu o podio cun magnifico 3º posto nunha carreira que como a de onte en Ames non estivo exenta de dificultades por mor da choiva que como se pode ver nas fotos deixou o circuito que nalgunhas zonas mais ben parecía unha "piscina" e noutras zonas o barro era o que predominaba na pista. A clasificación complétase co 4º posto de Antonio Portela, Alejandro Lomba 6º, Iván Morais 7º, Adrián Vicente 12º e Pablo Cividanes 15º. Como pode apreciarse nas distintas carreiras, os nosos "cadetes" están sempre entre os millores da categoría e na de hoxe dos sete primeiros, cuatro eran corredores do C.C. O Rosal.
Brais González desta vez fíxose co posto 13º na categoría Júnior e en Sub-23 Fernándo González non coseguiu clasificarse nunha carreira tan dura polas condicións do circuito que lle causou numerosos problemas macánicos. Queremos suliñar dinde ésta páxina que esta categoría de Sub-23 foi gañada polo actual Campión de España de Contrarreloxo Individual Sub-23 Aser Estévez do Club Ciclista Spol-Caixanova, ciclista que se formou e competiu até os 18 anos no Club Ciclista O Rosal.
Queremos agradecer dinde aquí a Luz, unha rapaza que de maneira totalmente desinteresada e sacadas dos seus álbums nos facilita parte das fotos que aquí se mostran. Gracias Luz.
A vindeira carreira terá lugar na praia de Eiras (O Rosal) organizada polo Club Ciclista O Rosal o vindeiro sabado 5 de decembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario