Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

martes, 29 de diciembre de 2009

Iván, Manuel e Toni seleccionados para o Campionato de España


A tempada de Ciclo-cross que están a realizar os cadetes do CC O Rosal non pasa desapercibida para o seleccionador galego Moises Leboso xa que hoxe mesmo recibiuse na sede do CC O Rosal a lista da convocatoria para representar a Galicia nos vindeiros Campionatos de España a disputarse en Laredo (Cantabria) os dias 8, 9 e 10 de xaneiro e na devandita lista atopanse Antonio Portela, Manuel González e Iván Morais que xunto con outros tres ciclistas de outros clubes galegos formarán a Selección Galega de Ciclo-cross.

Parabéns para os tres.

domingo, 27 de diciembre de 2009

Toni proclamouse Subcampión de Galicia de Ciclo-cross


Xornada para non esquecer a de Toni Portela que acadou o segundo lugar no podio do Campionato de Galicia de Ciclo-cross en Guláns (Ponteareas) nunha carreira na que dende a saida se formou un trio con Toni, Angel Diz (CC Spol) e Daniel López (CC Cambre) con continuos cambios no liderato da carreira pero chegados a última volta do percorrido e cando todo apuntaba a vitória de Toni xa que lideraba a carreira, unha inoportuna avaría mecánica o fixo caer até a terceira praza por detrás de Angel e Daniel pero como en él é costume, sacou todo o seu poderío físico para o final colleitar ese mais que merecido segundo lugar. En canto os demáis integrantes da categoría Cadete, mais que boa a carreira de Manuel González que acudía a éste Campionato inda convalecente dunha gripe que lle fixo estar "no paro" estes derradeiros dez días, o que non lle impedíu acadar o 5º posto. Iván Morais 6º, Alex Lomba 9º, Pablo Cividanes 14º e Adrián Vicente 15º completaron a clasificación deste Campionato Galego.

En Júnior o primeiro "rosaleiro" foi Miguel Rodríguez 12º e Brais González 15º despois dunha caída que lle imposibilitou loitar por postos mais altos.

En Sub-23 Fernando González non poido participar por mor dunha enfermidade pero sí resaltar a vitória e título de Campión Galego para Aser Estévez que como os aficcionados poden saber formouse nas filas do CC O Rosal.

No extra-deportivo salientar o premio acadado por un grupo de afeccionados do CC O Rosal que colleitaron o "primeiro posto" do sorteo dunha Cesta de Nadal doada pola organización da carreira. Ver foto aquí

A todos éles Moitas Felicidades polos éxitos acadados.

A vindeira carreira en Maceda (Ourense) o sábado 2 de xaneiro será a derradeira proba do Calendario Galego de Ciclo-cross.

jueves, 24 de diciembre de 2009

Campionato Galego de Ciclocross

O próximo domingo 27 de decembro celebranse os Campionatos Galegos de Ciclocross en todalas categorías en Guláns (Ponteareas) nun circuito de 2,5 km. mais ou menos con contínuas subidas e baixadas as que hay que engadir unha longa subida sobre asfalto que farán a selección dos que loitarán pola vitória.
O C.C. O Rosal ten moito que decir nestes campionatos xa que na categoría Cadete tanto Manuel como Toni parten entre os favorítos o podio. Inda que vai ser unha "misión" difícil os nosos ciclistas van por todo da súa parte para loitar pola vitória.
Dende ésta páxina queremos facer un chamamento os aficcionados o ciclismo para que acudan a Guláns as 10 da mañán do vindeiro domingo para darlle o seu apoio os nosos ciclistas.



domingo, 20 de diciembre de 2009

Doble vitória de Toni


Esta foi unha fin de semana de éxito para Antonio Portela que onte sábado vencía en Padrón e hoxe domingo facía o mesmo en Porriño.
PADRÓN
Na xornada de onte disputabase o Gran Premio Nadal de Ciclo-cross na coruñesa localidade de Padrón na que a xente do Club Ciclista Padronés deseñou sin ningunha dúbida o circuíto mais duro da tempada sobre o cal Toni Portela non atopóu rivais que lle fixesen perigar ese 1º posto da clasificación e acadar o triunfo final con relativa "comodidade". Os outros "rosaleiros" quedaron como segue: Iván Morais 7º, Alejandro Lomba 9º, Pablo Cividanes 13º e Adrián Vicente 14º. Laiámonos da ausencia de Manuel González que por mor dunha inoportuna gripe non puido competir durante a fin de semana.
Na categoría Júnior Brais González e Miguel Rodríguez acadaron os postos 13º e 14º respectivamente.
En Sub-23 Fernando González fíxose co 8º posto da categoría.
PORRIÑO
En canto o día de hoxe domingo daba comenzo as 10 da mañá e con unha temperatura de 3 grados baixo cero o Trofeo Vila de Porriño nos arredores do Velódromo Municipal que tamén incluía unha pasada por volta pola "pista peraltada". Este cicuíto llano e moi rápido e con ésta temperatura tan fría non foi impedimento para que Antonio Portela voltase a vencer como no día de onte en Padrón nunha carreira na que o único rival foi Angel Diz do C.C. Spol-Caixanova pero que segundo pasaban as voltas ia quedando descolgado o que propiciou que Toni atravesara a liña de meta con case un minuto de vantaxe e 2:13 sobre o terceiro que foi Marcos Villar do C.C. Maceda. Iván Morais 4º e Alejandro Lomba 5º voltaron a pelexar polos primeiros postos; Pablo Cividanes 10º e Adrián Vicente 11º completaron a clasificacion de Cadetes.
Brais González e Miguel Rodríguez deron todo de si mesmos para acadar os postos 12º e 16º respectivamente o mesmo que Fernando González que na categoría Sub-23 acadou o 8º posto.
A próxima cita será o vindeiro domingo en Guláns (Ponteareas) donde a partires das 10 da mañá se disputarán os Campionatos Galegos de Ciclo-cross


sábado, 12 de diciembre de 2009

Os "cadetes" abónanse o podio

Un día e Manuel, outro día e Toni e viceversa e os nosos Cadetes non deixan de acarretar triunfos para O Rosal. Desta vez foi Manuel González o que conquistou Mos facendose co 1º posto do Trofeo Oscar Pereiro de Ciclo-cross seguido de Angel Diz do Spol-Caixanova e como non podía ser doutra maneira e para non faltar a súa cita co "caixón", Antonio Portela fíxose co 3º seguido duns inmensos Iván Morais 4º e Alejandro Lomba 6º para colocar a catro "rosaleiros" entre os seis primeiros da clasificación. Adrián Vicente 12º e Pablo Cividanes completaron o éxito.
En Júnior Miguel Rodríguez continúa coa súa recuperación física e acadou un merecidísimo 9º lugar e pola súa banda Brais González con dúas caídas e dous trocos de bicicleta incluídos fíxose co posto11º.
En Sub-23 xornada aciaga para Fernándo González que cando marchaba entre os primeiros da categoría, sufría unha avaría que lle fixo percorrer mais de medio circuito coa bicicleta o "lombo" como se pode ver nuha das fotos da galería de Mos. Logo de repoñerse deste contratempo e por si fose pouco, o agravamento dunha vella ferida nun dedo que lle facía imposible o manexo das manetas dos frenos e dos cambios, obrigouno o abandono.
O proximo fin de semana toca desprazarse no sabado até Padron e no domingo até Porriño.

martes, 8 de diciembre de 2009

Manuel e Toni de novo no mais alto do "caixón"

Equipo Cadete que está dominando a categoría
Dende a esquerda Adrián, Pablo, Iván, Manuel, Alex e Toni


Un dos circuitos mais duros da tempada era éste de Mosende (Porriño) e foi alí donde Manuel González se fixo co triunfo na categoría Cadete. Pola súa banda unha avería que lle fixo percorrer unha parte do circuito coa bicicleta o hombreiro, impediulle a Antonio Portela poder loitar polo primeiro posto co seu compañeiro Manuel e acadando unha traballadísima 2ª posición nuha carreira que dominaron dende o principio nos que tamén estaba o compañeiro Iván Morais que o fin tivo que acontentarse coa 6ª posición da clasificación seguido por o non menos traballador Alejandro Lomba 7º que xunto con Adrián Vicente 12º e Pablo Cividanes 14º completaron o éxito dos Cadetes "rosaleiros".
Pola súa banda Brais González segue a demostrar a súa progresión na categoría Junior co 7º posto e Miguel Rodríguez inda con molestias no seu xeonllo conquistou o 8º posto.
En Sub-23 a carreira foi gañada polo "ex do CC O Rosal" Aser Estévez quedando por diante incluso os de categoría Elite donde o "noso" Fernándo González fixo 9º.
A próxima cita será o Trofeo Oscar Pereiro en Mos o vindeiro sábado día 12 de decembro.

Podio por partida doble en Boiro


Despois da gran actuación en Igorre (Pais Vasco) donde Antonio Portela acadou o 13º posto e Manuel González o 19º, onte día 7 en Boiro (A Coruña) nunha carreira marcada pola cantidade de barro e auga os Cadetes voltaron a subir o podio pero desta vez o mais alto xa que Antonio Portela fixose acreedor do 1º posto e Manuel González un non menos rechamante 3º con Alejandro Lomba 5º, Iván Morais 8º, Adrián Vicente 9º e Pablo Cividanes 12º co que o C.C. O Rosal coloca os seus seis cadetes nos primeiros doce da clsificación.
Boa xornada tamén para o Júnior Brais González que acadou o 10º posto.
Hoxe correse na localidade porriñesa de Mosende o XXXIII Trofeo Horacio Barros organizado polo Club Ciclista Spol-Caixanova.

sábado, 5 de diciembre de 2009

Iván sobe o "caixón" na casa

Foto cedida por Luz (Cambre)

O Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organizou o XIII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras de Ciclo-cross, proba patrocinada pola entidade bancaria Fibanc-Mediolanum nunha tarde con moita choiva e vento forte nun circuito cunha zona rápida cun grande charco (barrizal) o fin da recta desta zona o cual facía realizar autenticas obras de equilibrismo enriba da bicicleta por parte dos ciclistas o cual seguía outra zona polo medio dos piñeiros con un contínuo sube e baixa que obrigaba os ciclistas a levar a bibicleta no hombreiro ou pola man para poder escalar as pronunciadas costas.
Pois nesta tarde choivosa e ventosa foi o "cadete" Iván Morais o que levou o "gato a auga" e se fixo cun 2º posto que que lle fai probar o gustiño do podio pola primeira vez na súa carreira xa que este "rapaz" iniciouse na competición este mesmo ano. Suliñar tamén o gran resultado de Alejandro Lomba 4º, Adrián Vicente 8º e Pablo Cividanes 10º.
En Júnior destacar a volta a competición de Miguel Rodríguez que despois de case dous meses mancado acadou un meritorio 8º posto seguido do loitador e compañeiro de equipo Brais González. Fotos
Na categoría Sub-23 o representante do C.C. O Rosal Fernándo González non poido participar na carreira da casa xa que se mancou nuha man o que lle facía imposible o manexo da súa bicicleta. Suliñamos que ésta proba foi gañada polo ex do C.C. O Rosal Aser Estévez que fixo unha carreira sempre nos primeiros postos o que o final o levóu o 1º posto da categoría.
Por outra banda os Cadetes Manuel Lomba e Antonio Portela colleron hoxe de mañanciña camiño de Igorre no País Vasco coa Selección Galega para paticipar na carreira que se disputa este domingo nesta localidade o que lles fixo imposible perticipar na proba "rosaleira".
O vindeiro luns 7 de decembro toca desprazarse ate a coruñesa localidade de Boiro para para participar no Trofeo Concello de Boiro.
Clasificacions carreira