Esta foi unha fin de semana de éxito para Antonio Portela que onte sábado vencía en Padrón e hoxe domingo facía o mesmo en Porriño.
PADRÓN
Na xornada de onte disputabase o Gran Premio Nadal de Ciclo-cross na coruñesa localidade de Padrón na que a xente do Club Ciclista Padronés deseñou sin ningunha dúbida o circuíto mais duro da tempada sobre o cal Toni Portela non atopóu rivais que lle fixesen perigar ese 1º posto da clasificación e acadar o triunfo final con relativa "comodidade". Os outros "rosaleiros" quedaron como segue: Iván Morais 7º, Alejandro Lomba 9º, Pablo Cividanes 13º e Adrián Vicente 14º. Laiámonos da ausencia de Manuel González que por mor dunha inoportuna gripe non puido competir durante a fin de semana.
Na categoría Júnior Brais González e Miguel Rodríguez acadaron os postos 13º e 14º respectivamente.
En Sub-23 Fernando González fíxose co 8º posto da categoría.
PORRIÑO
En canto o día de hoxe domingo daba comenzo as 10 da mañá e con unha temperatura de 3 grados baixo cero o Trofeo Vila de Porriño nos arredores do Velódromo Municipal que tamén incluía unha pasada por volta pola "pista peraltada". Este cicuíto llano e moi rápido e con ésta temperatura tan fría non foi impedimento para que Antonio Portela voltase a vencer como no día de onte en Padrón nunha carreira na que o único rival foi Angel Diz do C.C. Spol-Caixanova pero que segundo pasaban as voltas ia quedando descolgado o que propiciou que Toni atravesara a liña de meta con case un minuto de vantaxe e 2:13 sobre o terceiro que foi Marcos Villar do C.C. Maceda. Iván Morais 4º e Alejandro Lomba 5º voltaron a pelexar polos primeiros postos; Pablo Cividanes 10º e Adrián Vicente 11º completaron a clasificacion de Cadetes.
Brais González e Miguel Rodríguez deron todo de si mesmos para acadar os postos 12º e 16º respectivamente o mesmo que Fernando González que na categoría Sub-23 acadou o 8º posto.
A próxima cita será o vindeiro domingo en Guláns (Ponteareas) donde a partires das 10 da mañá se disputarán os Campionatos Galegos de Ciclo-cross
No hay comentarios:
Publicar un comentario