Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 5 de diciembre de 2009

Iván sobe o "caixón" na casa

Foto cedida por Luz (Cambre)

O Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organizou o XIII Trofeo Comunidade de Montes de Eiras de Ciclo-cross, proba patrocinada pola entidade bancaria Fibanc-Mediolanum nunha tarde con moita choiva e vento forte nun circuito cunha zona rápida cun grande charco (barrizal) o fin da recta desta zona o cual facía realizar autenticas obras de equilibrismo enriba da bicicleta por parte dos ciclistas o cual seguía outra zona polo medio dos piñeiros con un contínuo sube e baixa que obrigaba os ciclistas a levar a bibicleta no hombreiro ou pola man para poder escalar as pronunciadas costas.
Pois nesta tarde choivosa e ventosa foi o "cadete" Iván Morais o que levou o "gato a auga" e se fixo cun 2º posto que que lle fai probar o gustiño do podio pola primeira vez na súa carreira xa que este "rapaz" iniciouse na competición este mesmo ano. Suliñar tamén o gran resultado de Alejandro Lomba 4º, Adrián Vicente 8º e Pablo Cividanes 10º.
En Júnior destacar a volta a competición de Miguel Rodríguez que despois de case dous meses mancado acadou un meritorio 8º posto seguido do loitador e compañeiro de equipo Brais González. Fotos
Na categoría Sub-23 o representante do C.C. O Rosal Fernándo González non poido participar na carreira da casa xa que se mancou nuha man o que lle facía imposible o manexo da súa bicicleta. Suliñamos que ésta proba foi gañada polo ex do C.C. O Rosal Aser Estévez que fixo unha carreira sempre nos primeiros postos o que o final o levóu o 1º posto da categoría.
Por outra banda os Cadetes Manuel Lomba e Antonio Portela colleron hoxe de mañanciña camiño de Igorre no País Vasco coa Selección Galega para paticipar na carreira que se disputa este domingo nesta localidade o que lles fixo imposible perticipar na proba "rosaleira".
O vindeiro luns 7 de decembro toca desprazarse ate a coruñesa localidade de Boiro para para participar no Trofeo Concello de Boiro.
Clasificacions carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario