Equipo Cadete que está dominando a categoría
Dende a esquerda Adrián, Pablo, Iván, Manuel, Alex e Toni
Dende a esquerda Adrián, Pablo, Iván, Manuel, Alex e Toni
Un dos circuitos mais duros da tempada era éste de Mosende (Porriño) e foi alí donde Manuel González se fixo co triunfo na categoría Cadete. Pola súa banda unha avería que lle fixo percorrer unha parte do circuito coa bicicleta o hombreiro, impediulle a Antonio Portela poder loitar polo primeiro posto co seu compañeiro Manuel e acadando unha traballadísima 2ª posición nuha carreira que dominaron dende o principio nos que tamén estaba o compañeiro Iván Morais que o fin tivo que acontentarse coa 6ª posición da clasificación seguido por o non menos traballador Alejandro Lomba 7º que xunto con Adrián Vicente 12º e Pablo Cividanes 14º completaron o éxito dos Cadetes "rosaleiros".
Pola súa banda Brais González segue a demostrar a súa progresión na categoría Junior co 7º posto e Miguel Rodríguez inda con molestias no seu xeonllo conquistou o 8º posto.
En Sub-23 a carreira foi gañada polo "ex do CC O Rosal" Aser Estévez quedando por diante incluso os de categoría Elite donde o "noso" Fernándo González fixo 9º.
A próxima cita será o Trofeo Oscar Pereiro en Mos o vindeiro sábado día 12 de decembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario