Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 12 de diciembre de 2009

Os "cadetes" abónanse o podio

Un día e Manuel, outro día e Toni e viceversa e os nosos Cadetes non deixan de acarretar triunfos para O Rosal. Desta vez foi Manuel González o que conquistou Mos facendose co 1º posto do Trofeo Oscar Pereiro de Ciclo-cross seguido de Angel Diz do Spol-Caixanova e como non podía ser doutra maneira e para non faltar a súa cita co "caixón", Antonio Portela fíxose co 3º seguido duns inmensos Iván Morais 4º e Alejandro Lomba 6º para colocar a catro "rosaleiros" entre os seis primeiros da clasificación. Adrián Vicente 12º e Pablo Cividanes completaron o éxito.
En Júnior Miguel Rodríguez continúa coa súa recuperación física e acadou un merecidísimo 9º lugar e pola súa banda Brais González con dúas caídas e dous trocos de bicicleta incluídos fíxose co posto11º.
En Sub-23 xornada aciaga para Fernándo González que cando marchaba entre os primeiros da categoría, sufría unha avaría que lle fixo percorrer mais de medio circuito coa bicicleta o "lombo" como se pode ver nuha das fotos da galería de Mos. Logo de repoñerse deste contratempo e por si fose pouco, o agravamento dunha vella ferida nun dedo que lle facía imposible o manexo das manetas dos frenos e dos cambios, obrigouno o abandono.
O proximo fin de semana toca desprazarse no sabado até Padron e no domingo até Porriño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario