Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 18 de julio de 2010
Irea Villa e Raúl Fernández vencen de novo
Intensa xornada a do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores no día de onte xa que pola mañán unha delegación desprazóuse ate Moteporreiro (Pontevedra) e pola tarde uns achegaronse até o Meixoeiro e outros até Carballo.
Comenzábase a xornada en Monteporreiro donde se celebraba unha proba do Open do Futuro de MiniBTT e alí atopábamos a Iago Alvarez e Irea Villa ambolosdous da categoría Promesas con Iago o cal unha caída na segunda manga, impediulle loitar polo podio tendo que conformarse co 4º posto masculino. En canto a Irea épica a súa carreira xa que tanto na primeira como na segunda manga saía dende a derradeira fila da formación para dar duas voltas o circuito do Parque de Monteporreiro, e nunha demostración do seu estado de forma foi adiantando rivais até acadar a primeira praza nas duas mangas colleitando así o 1º posto do "caixón". Fotos BTT.
Pola tarde desprazamento dos Benxamíns, Alevíns e Infantís o barrio vigués do Meixoeiro para disputar o XXII Gran Premio de Ciclismo da citada localidade.
Na categoría Benxamín só acudiron Marcos Vasconcellos e Mario Fernández acadando o posto 36º para Marcos e un merecido 2º de Mario que continúa aboado o pódio.
En Alevíns vese que os adestramento comenzan a dar os seus froitos e apréciase unha notable millora nos resultados con Manuel Dorna 8º, Ero Sobrino 11º, Xoel Villa 12º, Zaida González 20ª Elsa Portela 29ª e Claudia Portela 30ª.
En Infantís mala xornada para Andrés Fernández o cal unha avería mecánica o obrigóu o abandono , impedindolle loitar polos posto de cabeza da clasificación. O seu compañeiro Cristóbal Coimbra chegaba no posto 12º e Raúl Fernández facendo valer a sua supremacía na categoría non facía outra cousa que alzarse cunha nova vitória o que dí moito do seu estado de forma.
Fotos Meixoeiro.
Na mesma tarde do sábado na coruñesa localidade de Carballo disputábase o Campionato de Galicia de Fondo nas categorías Cadete e Júnior a donde éste "redactor" non se poido desprazar por atoparse na proba do Meixoeiro, tendo que recoller a información desta crónica da páxina da Federación Galega de Ciclismo.
En Cadetes podemos comprobar como António Portela estivo a punto de colleitar outro pódio no Campionato Galego tendo que conformarse co 4º posto; moi boa tamén a actuación dos seus compañeiros con Iván Morais 6º, Manuel González 7º, Alejandro Lomba 8º, Pablo Cividanes 19º e Adrián Dorna, Adrián Vicente e Kevin Rodríguez que non conseguiron acabar a carreira.
Os representantes da categoría Junior tiveron un comportamento mais discreto respecto os seus compañeiros mais "pequenos" con Brais González 20º e Miguel Rodríguez 28º.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario