Hoxe sábado disputóuse nos arredores do Velódromo de Porriño o I Trofeo Horacio Barros de MiniBTT con tres representantes do Club Ciclista O Rosal donde hai que salientar a actuación de David Rodríguez e Marcos Vasconcellos que na súa segunda participación nesta modalidade de MiniBTT en categoría Pre-benxamins que a pesar de sendas caídas nas curvas do circuito acadaron uns meritórios e traballadísimos 9º e 15º postos respectivamente.
Na categoría Promesas Irea Villa estivo a piques de subir de novo o "caixón" pero unha caída na primeira manga que a fixo entrar moi retrasada na liña de meta, condicionou a súa clasificación final e non foi capaz de ir mais aló do cuarto posto na xeral feminina.
A próxima proba da especialidade vaise disputar o vindeiro domingo 11 en Guláns (Ponteareas).
Fotos da carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario