Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
sábado, 24 de julio de 2010
II Trofeo MiniBTT Concello de Porriño
Aprobeitando que esta fin de semana non hai carreiras de carretera, foron varios os integrantes do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores que conpetiron no II Trofeo MiniBTT Concello de Porriño no circuito que a Fundación Oscar Pereiro deseñou no Monte da Risca e a pesares de non seren habituais nesta modalidade, os resultados foron baistante bos.
Abriu a competición a categoría Principiantes na que nos representaban Alberto García e David Rodríguez que estreaban sendas "monturas" novas acadando os postos 11º e 13º respectivamente.
De seguido foi a volta dos Prebenxamíns donde Iago Alvarez foi 5º e Irea Villa 2ª a pesares dun toque con outra participante na segunda manga que a levou o chan para de seguido recompoñerse e sacar todo o seu valor para acadar ese segundo posto final feminino.
En Alevíns moi boa actuación de Xoel Villa que a piques estivo de subir o "caixón" e tamén Manuel Dorna. Na clasificación Final 4º posto para Xoel e 6º para Manuel. E para finalizar outra fantástica actuación co pódio de Claudia Portela nun merecido terceiro posto e cuarto para a sua irmán Elsa en Alevín feminino.
Fotos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario