Disputóuse hoxe en Vigo o G.P. CICLISTA TEIS - MEMORIAL PABLO MOREIRAS co brillante "doblete" acadado na categoría Infantil, pero imos comenzar polo principio que foi a categoría Benxamín donde Mario Fernández no foi capaz de subir o podio como nos ten acustumados ultimamente e por mor dun erro só poido ser 10º e o seu compañeiro Manuel Pereira 21º.
Frouxos foron tamén os resultados en Alevíns donde os nosos representantes non foron capaces de ir mais aló do 17º posto de Ero Sobrino seguido de Manuel Dorna 18º, Zaida González 19ª,
Xoel Villa 20º e as xemelgas Portela, Cludia 31ª i Elsa 34ª.
E foi en Infantís donde Andrés Fernández se estreou no mais alto do "caixón" cun planteamento da carreira donde demarrou na derradeira volta para facerse coa vitória sempre escoltado polo seu compañeiro Raúl Fernández que subiu o 2º posto e Cristóbal Coimbra 13º.
En Cadetes pidio tamén para Manuel González que se fixo co 3º posto cos seus compañeiros António Portela 6º, Iván Morais 12º, Kevin Rodríguez 15º, Pablo Cividanes 20º, Adrián Vicente 22º e Adrián Dorna 34º.
Clasificacions Fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario