Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 28 de agosto de 2010

XV Trofeo Ciclista Festas de Vigo


Despois de pasar a mañán en Monteferro, pola tarde tocaba desprazarse o Ifevi de Vigo en Cotogrande donde se disputaba o XV Trofeo Ciclista Festas de Vigo organizado polo Club Ciclista Meixoeiro.
Comenzaban a competir os Alevíns e como ven sendo habitual estiveron lonxe dos primeiros postos con Xoel Villa no posto 16º, Manuel Dorna 17º, Ero Sobrino 18º, Zaida González 23ª i Claudia i Elsa Portela 39ª e 40ª respectivamente.
Continuaban os Infantís con Raúl Fernández como ven sendo habitual esta tempada de novo no pódio, desta vez no 3º posto seguido de Andrés Fernández 7º e Cristóbal Coimbra 9º.
Pechaban a tarde os Benxamíns donde Mario Fernández non quixo ser menos que o seu irmán Raúl e tamén subía o "caixon" pero éste andaba algo mais "fino" e finalizaba 2º. Cerraba a participación Marcos Vasconcellos no posto 38º.
Fotos.

Open do Foturo de MiniBTT (Monteferro)

Na mañán de hoxe sabado o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores desprazou a tres ciclistas até o Monumento a Mariña Universal de Monteferro (Nigrán).
Desta volta Participou na especialidade de MiniBTT o Prebenxamín David Rodríguez que despois de finalizar 11º na primeira manga e 8º na segunda acadaba un meritório 10º posto final.
Na categoría de Promesas acudiron os abituais Iago Alvarez en masculino e Irea Villa en Feminino. Iago entraba 5º na primeira manga e 4º na segunda o que a fin lle daría o 5º posto da clasificación. Pola su banda Irea finalizaba 3ª na primeira manga e logo na segunda duas caídas consecutivas afastábana do podio o terminar 4ª, o mesmo posto que acadou na clasificación final.
Fotos.

domingo, 22 de agosto de 2010

XI Trofeo Vila de Luou (Teo)

Boa xornada este sabado en Teo donde se disputaba o XI Trofeo Vila de Luou .
En Benxamíns 2º posto de Mario e 19º de David.
En Alevíns o millor foi Manuel Dorna no posto 11º i Ero no 13º.
En Infantís oubo millor colleita donde os nosos ocuparon as duas primeiras prazas do pódio con Cristóbal que se facía coa vitória e Raúl que colleitaba o 2º posto do "caixón"; pola sua banda Andrés terminaba no 11º lugar.
En Cadetes o millor clasificado foi Manuel González no 4º posto e Iván no 10º. Suliñar que Manuel foi o gañador do trofeo das Metas Volantes.
No día de hoxe domingo, foi o turno dos Junior donde Brais acadaba o posto 15º e Miguel o 19º.
Enlace as fotos ofrecidas por Cristóbal.

VI Trofeo MiniBTT Castelo de Maceda

Comenzaba a xornada deste sabado de festa do MiniBTT en Maceda coa carreira de dos nosos Promesas donde Iago terminaba 5º na primeira manga e 4º na segunda co 5º posto final pola sua banda Irea foi 4ª na primeira e 3ª na segunda para ser 4ª o final.
Logo tocaballe o turno os Alevíns con Xoel como representante masculino que na primeira manga terminaba 13º e 12º na segunda acadando o 13º posto final. Na mesma categoría pero en feminino representabannos as xemelgas Portela Rodríguez con Elsa que acadaba un meritório 5º posto e para rematar Claudia era a premiada do día con un traballadísimo 2º posto.
Despois das carreiras veo a festa que o Clube Ciclista Maceda tiña preparada para todolos asistentes que previamente se tiñan apuntado e pagado unha pequena cuota para facer fronte os gastos. A festa comenzou nas piscinas de Maceda cunha comida baixo unha carpa habilitada para a ocasión, despois pola tarde disfrutóuse de baños nas piscinas e diversos xogos para todos. Pola noite continuouse cunha cea para logo continuar con xogos e karaoke ata altas horas da madrugada e para finalizar, todos as tendas de acampada para repor forzas para o domingo pola mañán retornar cada un o seu destino.Noraboa o MiniBTT.
Fotos

lunes, 16 de agosto de 2010

35º Circuito de Santa Marta de Portuzêlo

Despois da paliza dos Campionatos Galegos disputados o sabado, este domingo os Cadetes desprazarose até o veciño Portugal, concretamente a Viana do Castelo donde se disputaba o 35º Circuito de Santa Marta de Portuzelo e non viñeron de volta coas mans valeiras xa que se trouxeron o Trofeo do 2º posto de Manuel González e o 2º na Xeral por Equipos.
Comenzaba a carreira a un alto ritmo como e costume en Portugal pero Manuel non se amedrentou e demarrando do pelotón situabase na primeira posición en solitario con unha vantaxe que rondaba os cincuenta segundos e mantendose así practicamente durante toda a carreira e tan só nos metros finais foi alcanzado por Diogo Figueiredo que lle arrebatóu un triunfo mais que merecido. Toni 9º, Alex 19º, Iván 26º e Pablo 33º contribuiron a levarse tamén o 2º posto por equipos.
Fotos por xentileza de Pablo Cividanes.
Por outro lado os Alevíns Manuel Dorna e Zaida González desprazábanse até Marín para disputar o Trofeo Promoción do Ciclismo acadando os postos 12º e 19ª respectivamente.
Mais fotos da A.C.M.

domingo, 15 de agosto de 2010

SUBCAMPIÓNS DE GALICIA!!!!!!!!!!!

Brillante actuación dos nosos Cadetes que no día de onte que se proclamaron Subcampións de Galicia de Contrareloxo por Equipos.
En Ponteareas tivo lugar a loita polo Campionato de Galicia de Contrareloxo por Equipos donde a proba constaba de 25 kilómetros polas estradas de Ponteareas e Salvaterra donde os equipos estaban formados por catro integrantes e dado que a categoría Cadete do C.C. O Rosal a integran oito ciclistas fixéronse duas formacións denominadas "A" e integrada por Alex, Iván, Manuel e Toni e formación "B" con Adrián Dorna, Adrián Vicente, Kevin e Pablo. Os primeiros en saltar a "palestra" foron os "B" (Adriáns, Kevin e Pablo) que realizaron uns primeiros kilómetros a un ritmo moi alto pero unha mala sinalización por parte dunha colaboradora da organización fixo que nuha rotonda se trabucaran e tomasen unha ruta equivocada e cando se decataron do erro xa era demasiado tarde tendo que retroceder sobre os seus pasos e perdendo un tempo de ouro que se viu reflexado na clasificación donde tiveron que conformarse co 8º posto final.
Despois deste mal trago as esperanzas de acadar un bo resultado centrábanse no equipo "A"(Alex, Iván, Manuel e Toni) que dende o primeiro kilometro marcaban un ritmo altísimo turnándose no guiado do equipo realizando relevos frecuentemente tanto nas subidas como baixadas das reviradas estradas do circuito e dobrando algúns dos equipos que tiñan saído con antelación. Todos estes esforzos vironse recompensados co 2º posto o que ven a ser o SUBCAMPIONATO DE GALICIA quedando a tan só 29 segundos do primeiro posto.
NORABOA CAMPIÓNS
Fotos de Cristóbal Coimbra

viernes, 13 de agosto de 2010

XXIV Trofeo Festas do Monte Santa Trega


Onte xoves o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organizou o XXIV Trofeo Festas do Monte Santa Trega coa colaboración da Comisión de Festas, Concello de A Guarda, Policia Local, Protección Civil, Ferretería Loymar e Floristería Tinita. No que respecta o evento en sí podemos calificalo de éxito en canto a afluencia de público xa que as beirarúas atopabanse ateigadas de afeccionados ansiosos por ver o millor do Ciclismo Galego de Base e tamén como non a presenza dos nosos apreciados e veciños do Tensai de Santa Marta de Portuzelo (Viana do Castelo).
No deportivo agardábase unha boa participación dos nosos ciclistas pero o final tivemos que comformarnos con un segundo e un terceiro postos.
Comenzaron a competición como de coustume os Benxamíns ca ximcana co 2º posto do infalible Mario, moi ben tamen Iago que se fixo co 5º, David 25º, Irea 29ª, Alberto 31º e Marcos 35º.
As demais categorías disputaban a proba nun circuito deseñado pola organizaón nos arredores da Sangriña donde na única subida os ciclistas tiñan que facer fronte o forte vento que pegaba de cara e os primeiros na loita foron os Alevíns con Ero 14º, Manuel Dorna 14º, Xoel 21, Zaida 23ª, Claudia 35ª i Elsa 38ª.
Cos Infantís estabamos abituados a velos no podio pero desta vez o que mais perto lle andou foi Raúl co 6º posto, seguiuno Cristóbal no 8º e Andrés abandonou a falta de tres voltas o sofrer unha indisposición.
En Cadetes chegou o terceiro posto de Toni Portela, Alex 8º, Kevin 10º, Manuel González 13º e Pablo 26º. Non acabaron a carreira Iván, Adrián Vicente e Adrián Dorna. Nesta categoría Eduardo Sobrino fixo entrega do premio de Sprints Especiales donado por Ferretería Loymar gañado por Luis Carvalho do Tensai-Santa Marta.
En Junior 22º para Miguel e 28º para Brais que se pegaron unha boa paliza de 30 voltas o circuito.
Temos que agradecer dende aquí a colaboración de todalas entidades tanto públicas como privadas xa que coa sua inestimable axuda foi posible a celebración deste evento.
Agradecer tamén a Comisión de Festas e Concello o detalle de conceder un premio a directiva do C.C. O Rosal que foi recollido polo Presidente Gerardo Alvarez.
Fotos

lunes, 9 de agosto de 2010

XXIV Trofeo Festas do Monte

O Vindeiro xoves 12 de agosto a partir das 17:00 horas o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores coa colaboración da Comisión de Festas do Monte 2010, Concello da Guarda, Policia Local, Protección Civil e Ferretería Loymar vai organizar a tradicional proba ciclista Trofeo Festas do Monte Santa Trega na sua 24ª edición no circuito deseñado dende o Coléxio Público da Sangriña cortando a dereita polo Centro de Saúde continuando por detrás do Estadio do Tecla, Casa Cuartel da Garda Civil e de novo o CEIP da Sangriña.
Comenzarán o Benxamís coa habitual proba de habilidade (Ximcana) os que seguirán os Alevíns, Infantís, Cadetes e para finalizar ésta tarde do Ciclismo Base de Galicia competirán os Junior.
Contamos coa tua presenza.

Podio dos irmans Fernández Lorenzo en Cambados


XXXXII G.P. do Albariño disputado este domingo en Cambados con dous podios para Mario i Raúl.
Comenzóuse a xornada coa categoría Benxamín donde Mario se fixo notar de novo levandose o 1º posto que o acreditaba como vencedor. David Rodríguez pola sua banda terminaba 32º.
En Alevíns o millor clasificado dos nosos foi Manuel Dorna 15º seguido de Ero 16º, Xoel 23º, Zaida 25ª, Elsa 35ª i Claudia 39ª.
En Infantís podio de Raúl 2º nunha carreira moi competida polo paseo maritimo de Cambados. Cristóbal 8º i Andrés 11º completaron a nosa representación.
A de Cadetes tamén era unha carreira na que se agardaban bos resultados pero ainda que non estivo nada mal, Toni Portela solo pudo ser 4º con Alex Lomba moi loitador 6º,Kevin que acadou un dos millores resultados da tempada o terminar 9º, Manuel González 13º, Iván 16º, Adrián Vicente 20º e Adrián Dorna 26º.
E para rematar a xornada tocaba o turno dos Junior con Brais 17º e Miguel 19º.
Fotos

Novo podio para Irea Villa

Este sabado día 7 celebrouse en Porriño o Gran Premio Deputación de MiniBTT con tres participantes do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores.
En Prebenxamíns Alberto García realizou unha gran carreira cun 10º posto na primeira manga e un 6º na segunda para acadar o 6º posto na clasificación final.
En Promesas Iago Alvarez non consegüiu ir mais aló do 4º lugar i en Feminino novo podio para Irea que despois de duas caidas na primeira manga e acabar 4ª, na segunda repúxose e acabou na 2ª posición, sendo éste o mesmo posto na xeral.
Fotos

domingo, 1 de agosto de 2010

XI Gran Premio Concello de Cambre

Este sabado tocou viaxar ate Cambre (A Coruña) donde pola tarde se celebrou o XI Gran Premio deste Concello.
Comenzouse pola categoría Benxamín co estupendo 3º posto de Mario e con Marcos 24º e Irea 26ª.
En Alevíns o primeiro dos nosos foi Ero no 13º, Xoel 18º e Zaida 22ª.
Podio tamén en Infantís na que hai que salientar unha caida na terceira volta que implicou os nosos tres representantes que quedaron moi descolgados da cabeza pero unha gran labor de equipo levóunos a "enganchar" co pelotón obtendo como recompensa o 2º posto de Cristóbal, o 12º de Raúl e o 15º de Andrés que o final pagaron o esforzo realizado.
En Cadetes tanpouco podía faltar un posto no "caixón", desta volta con Toni que logo de varios intentos atacou a falta de oito voltas para o fin coa idea de neutralizar a fuga de David Seage do Club Ciclista Padronés-Aluminios Cortizo, cousa que non foi capaz de acadar tendo que conformarse con ese 2º posto que lle soubo a pouco. Outro que estivo a piques de subir o podio foi Manuel González que perdeu o terceiro posto nun esprint na mesma liña de meta quedando o final 4º. Alex 29º, Adrian Vicente 31º e Kevin 32º completaron a actuación.
Os Junior tiveron unha actuación algo mais discreta con Miguel 20º e Brais 28º
Fotos da carreira