Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 1 de agosto de 2010

XI Gran Premio Concello de Cambre

Este sabado tocou viaxar ate Cambre (A Coruña) donde pola tarde se celebrou o XI Gran Premio deste Concello.
Comenzouse pola categoría Benxamín co estupendo 3º posto de Mario e con Marcos 24º e Irea 26ª.
En Alevíns o primeiro dos nosos foi Ero no 13º, Xoel 18º e Zaida 22ª.
Podio tamén en Infantís na que hai que salientar unha caida na terceira volta que implicou os nosos tres representantes que quedaron moi descolgados da cabeza pero unha gran labor de equipo levóunos a "enganchar" co pelotón obtendo como recompensa o 2º posto de Cristóbal, o 12º de Raúl e o 15º de Andrés que o final pagaron o esforzo realizado.
En Cadetes tanpouco podía faltar un posto no "caixón", desta volta con Toni que logo de varios intentos atacou a falta de oito voltas para o fin coa idea de neutralizar a fuga de David Seage do Club Ciclista Padronés-Aluminios Cortizo, cousa que non foi capaz de acadar tendo que conformarse con ese 2º posto que lle soubo a pouco. Outro que estivo a piques de subir o podio foi Manuel González que perdeu o terceiro posto nun esprint na mesma liña de meta quedando o final 4º. Alex 29º, Adrian Vicente 31º e Kevin 32º completaron a actuación.
Os Junior tiveron unha actuación algo mais discreta con Miguel 20º e Brais 28º
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario