Comenzaba a xornada deste sabado de festa do MiniBTT en Maceda coa carreira de dos nosos Promesas donde Iago terminaba 5º na primeira manga e 4º na segunda co 5º posto final pola sua banda Irea foi 4ª na primeira e 3ª na segunda para ser 4ª o final.
Logo tocaballe o turno os Alevíns con Xoel como representante masculino que na primeira manga terminaba 13º e 12º na segunda acadando o 13º posto final. Na mesma categoría pero en feminino representabannos as xemelgas Portela Rodríguez con Elsa que acadaba un meritório 5º posto e para rematar Claudia era a premiada do día con un traballadísimo 2º posto.
Despois das carreiras veo a festa que o Clube Ciclista Maceda tiña preparada para todolos asistentes que previamente se tiñan apuntado e pagado unha pequena cuota para facer fronte os gastos. A festa comenzou nas piscinas de Maceda cunha comida baixo unha carpa habilitada para a ocasión, despois pola tarde disfrutóuse de baños nas piscinas e diversos xogos para todos. Pola noite continuouse cunha cea para logo continuar con xogos e karaoke ata altas horas da madrugada e para finalizar, todos as tendas de acampada para repor forzas para o domingo pola mañán retornar cada un o seu destino.Noraboa o MiniBTT.
Fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario