Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
viernes, 13 de agosto de 2010
XXIV Trofeo Festas do Monte Santa Trega
Onte xoves o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organizou o XXIV Trofeo Festas do Monte Santa Trega coa colaboración da Comisión de Festas, Concello de A Guarda, Policia Local, Protección Civil, Ferretería Loymar e Floristería Tinita. No que respecta o evento en sí podemos calificalo de éxito en canto a afluencia de público xa que as beirarúas atopabanse ateigadas de afeccionados ansiosos por ver o millor do Ciclismo Galego de Base e tamén como non a presenza dos nosos apreciados e veciños do Tensai de Santa Marta de Portuzelo (Viana do Castelo).
No deportivo agardábase unha boa participación dos nosos ciclistas pero o final tivemos que comformarnos con un segundo e un terceiro postos.
Comenzaron a competición como de coustume os Benxamíns ca ximcana co 2º posto do infalible Mario, moi ben tamen Iago que se fixo co 5º, David 25º, Irea 29ª, Alberto 31º e Marcos 35º.
As demais categorías disputaban a proba nun circuito deseñado pola organizaón nos arredores da Sangriña donde na única subida os ciclistas tiñan que facer fronte o forte vento que pegaba de cara e os primeiros na loita foron os Alevíns con Ero 14º, Manuel Dorna 14º, Xoel 21, Zaida 23ª, Claudia 35ª i Elsa 38ª.
Cos Infantís estabamos abituados a velos no podio pero desta vez o que mais perto lle andou foi Raúl co 6º posto, seguiuno Cristóbal no 8º e Andrés abandonou a falta de tres voltas o sofrer unha indisposición.
En Cadetes chegou o terceiro posto de Toni Portela, Alex 8º, Kevin 10º, Manuel González 13º e Pablo 26º. Non acabaron a carreira Iván, Adrián Vicente e Adrián Dorna. Nesta categoría Eduardo Sobrino fixo entrega do premio de Sprints Especiales donado por Ferretería Loymar gañado por Luis Carvalho do Tensai-Santa Marta.
En Junior 22º para Miguel e 28º para Brais que se pegaron unha boa paliza de 30 voltas o circuito.
Temos que agradecer dende aquí a colaboración de todalas entidades tanto públicas como privadas xa que coa sua inestimable axuda foi posible a celebración deste evento.
Agradecer tamén a Comisión de Festas e Concello o detalle de conceder un premio a directiva do C.C. O Rosal que foi recollido polo Presidente Gerardo Alvarez.
Fotos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario