Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 15 de agosto de 2010

SUBCAMPIÓNS DE GALICIA!!!!!!!!!!!

Brillante actuación dos nosos Cadetes que no día de onte que se proclamaron Subcampións de Galicia de Contrareloxo por Equipos.
En Ponteareas tivo lugar a loita polo Campionato de Galicia de Contrareloxo por Equipos donde a proba constaba de 25 kilómetros polas estradas de Ponteareas e Salvaterra donde os equipos estaban formados por catro integrantes e dado que a categoría Cadete do C.C. O Rosal a integran oito ciclistas fixéronse duas formacións denominadas "A" e integrada por Alex, Iván, Manuel e Toni e formación "B" con Adrián Dorna, Adrián Vicente, Kevin e Pablo. Os primeiros en saltar a "palestra" foron os "B" (Adriáns, Kevin e Pablo) que realizaron uns primeiros kilómetros a un ritmo moi alto pero unha mala sinalización por parte dunha colaboradora da organización fixo que nuha rotonda se trabucaran e tomasen unha ruta equivocada e cando se decataron do erro xa era demasiado tarde tendo que retroceder sobre os seus pasos e perdendo un tempo de ouro que se viu reflexado na clasificación donde tiveron que conformarse co 8º posto final.
Despois deste mal trago as esperanzas de acadar un bo resultado centrábanse no equipo "A"(Alex, Iván, Manuel e Toni) que dende o primeiro kilometro marcaban un ritmo altísimo turnándose no guiado do equipo realizando relevos frecuentemente tanto nas subidas como baixadas das reviradas estradas do circuito e dobrando algúns dos equipos que tiñan saído con antelación. Todos estes esforzos vironse recompensados co 2º posto o que ven a ser o SUBCAMPIONATO DE GALICIA quedando a tan só 29 segundos do primeiro posto.
NORABOA CAMPIÓNS
Fotos de Cristóbal Coimbra

No hay comentarios:

Publicar un comentario