Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 22 de enero de 2012

4º posto de Manuel González en Ispaster (Viscaia)



Como xa comentábamos no día de onte, Manu respondeu as espectativas e voltou a estar nos primeiros postos no sempre dificil território do País Vasco xa que alí os corredores da casa soen ser os que se levan os primeiros postos pero o corredoer do Club Ciclista O Rosal non se enrrugou e acadou éste 4º posto que poñía así fin a unha incríble tempada de Ciclocróss na que dominóu o Calendário Galego gañando todas as carreiras agás a do 35º Trofeo Horacio Barros de Porriño que foi gañada polo seu compañeiro Toni Portela e na que Manu fixo segundo; logo proclamaríase Campión de Galicia, Medalla de Bronce na Taça de Portugal que non venceu por faltar as dúas derrradeiras carreiras que coincidian co calendário español, Medalla de Bronce xunto co seu compañeiro Raúl no Campionado de España na modalidade de Relevos representando a Selección de Galicia e 4º no mesmo Campionato de España en Individual despóis da histórica carreira que disputóu. Só foi mágoa que a piques estivo de acudir o Mundial que se celebra a vindeira semana en Bélxica pero so acudirán tres ciclistas da categoría Júnior e Manuel quedóuse as portas.
Felicitacións os integrantes do C.C. O Rosal pola inesquecible tempada de Ciclocróss que realizaron e que foron Andrés, Cristóbal e Raul en Cadetes e Alex, Manu e Toni en Júnior.
De esquerda a dereita: Cristóbal, Andrés, Manu, Raúl, Toni e Alex equipo de Ciclocróss 2011-2012 do C.C. O Rosal.

sábado, 21 de enero de 2012

Manu e Toni voltan a darnos alegrías


                                           Foto xentileza de Juan Fernández




Os nosos ciclistas continúan a dar boas novas e no caso de Toni Portela era éste venres cando no correo electrónico do Club Ciclista O Rosal se recibía un correo no que se nos comunicaba a sú convocatória coa Selección Española da categoría Júnior para unha concentración en Segovia do 1 o 5 de fevreiro o que sen dúvida confirma que os nosos ciclistas tamén contan a nivel nacional.
Pola sua banda Manuel González quere despedirse da categoría Júnior de Ciclocróss por todo o alto e mostra delo e a xira que está a facer por terras castellanas e vascas. Comenzaba o pasado 14 de xaneiro na viscaiña localidade de Bérriz donde acadaba un espléndido 6º posto, pero no día de hoxe no III  Memorial José Luís Talamillo en Burgos, o bó de Manu poñíase as pilas e voltaba o mais alto do Pódio cunha vitória na que deixaba claro que o que aconteceu nos Campionatos de España e de Galicia non foi por casualidade e que está nun grande estado de forma o vencer cunha vantaxe de 1 minuto e 8 segundos sobre o segundo clasificado que non era outro que o recentemente proclamado Subcampión de España José Manuel Ribera Francés (Comunidade Valenciana).
No día de mañán Manu vai continuar coa sua xira e vai competir de novo en terras de Viscaia concretamente na localidade de Ispaster donde contamos que Manuel volte a estar nos primeiros postos.

jueves, 12 de enero de 2012

Impresionante vitória de Andrés na Taça de Portugal


Mentres que os nosos ciclistas seleccionados colleitaban éxitos no Campionato de España en Gandía, os que quedaban aquí non se quedaron atrás e tanto Andrés Fernández como Alex Lomba acudían a derradeira cita de Taça de Portugal (Copa de Portugal) que se celebraba en Vila do Conde cun fantástico triunfo.
Comenzou a carreira de Cadetes e xa dende o comenzo da mesma Andrés deixaba claro que iba poñerlle as cousas moi dificiles os seus rivais demostrando unha gran clase e potencia que o final se traducía nesta vitória tan buscada e que lle valía para facerse co segundo posto da clasificación xeral final da Taça empatado a puntos co primeiro clasificado. Nesta clasificación final tamén destacan o 4º posto de Raúl e o 9º de Cristóbal que se atopaban en Gandía.
En Junior Alex Lomba tamén realizaba unha gran carreira e remataba no 4º posto e que lle valía para acabar 7º na xeral final. Outros que tamén acadaban éxitos pese a estar en Gandía eran Toni Portela que remataba 5º na xeral e mellor ainda para Manu González que gracias as vitórias en Sobrado (Valongo) e en Águeda colleitaba os suficientes puntos como para subir o Pódio no 3º posto da Xeral Final da Taça de Portugal, trofeo que recolleu Alex no seu nome.
Como poden apreciar os nosos siareiros os integrantes do Club Ciclista O Rosal triunfan en Galicia, España e en Portugal.
Por outra banda e en recoñecemento os éxitos acadados no Campionato de España, Manuel González vai ser recibido o vindeiro venres as 12 do mediodía polas Autoridades Municipais do Concello de A Guarda.
Fotos por xentileza de Andrés

lunes, 9 de enero de 2012

Bronce para Raúl e Manuel no Campionato de España de Gandía


Os Reis Magos traenlle a Manuel e Raúl os regalos en forma de Medalla de Bronce no Campionato de España de Ciclocróss disputado éstes días 6, 7 e 8 en Gandía (Valencia).
Intensos e inesquecibles éstes Campionatos por terras valencianas xa que alí participaban os nosos ciclistas máis destacados representando a Selección Galega como son Raúl, Manu e Toni e a bo fé que deixaron o nome do Rosal moi alto. Comenzaba a competición o venres día 6 coa proba de relevos co primeiro galego en sair que era José Rodríguez "Tami" (Master 30) que sofría problemas mecánicos e perdía un tempo de ouro o mesmo que Isabel Castro (Feminas) que collia o testigo e tamén tiña problemas; a seguir era Raúl (Cadete) o que tomaba o relevo e conseguía rebaixar as diferenzas cos primeiros para logo entregarlle o testigo a Manuel (Júnior) que facía unha gran remontada para seguirlle Pablo Rodríguez (Sub-23) e finalizaba a carreira Mauro González  (Elite) co cual con esas remontadas facían que acadasen esas Medallas de Bronce.
O sábado 7 eran o Benxamín Iago Alvarez e o Alevín Mario Fernández os que nos representaban nunha carreira de promoción acadando os portos 7º e 6º respectivamente. E continuaba a xornada con duas novas medallas para a Selección Galaga, a primeira era de Ouro lograda por Desiré Duarte na categoría Cadete Feminina e mentres ela se facía coa Medalla de Ouro era a súa nai Isabel Castro en Elite Feminina a que acadaba a Madalla de Prata. Xa logo pola tarde chegaba outra alegría para Galicia xa que José Rodríguez "Tami" en Master-30 vencía nunha gran carreira e facíase así coa Medalla de Ouro.
O domingo 8 era o día máis esperado polos nosos ciclistas e polos aficcionados rosaleiros desprazados a Gandía pois disputábanse as categorías Cadete e Junior nas que había grandes esperanzas de acadar medalla. Comenzaban os Cadetes con Raúl representando a Galicia e Cristóbal coas cores do Club Ciclista O Rosal e Raúl xa nos primeiros metros daba mostras das suas intencións pois pasaba a primeira volta no 6º posto pero un inesperado baixón facía que nas duas voltas seguintes baixara até a 10ª posición mentres que Cristóbal o facía na 38ª pero logo Raúl era quien de recuperarse para o final acadar un brillantísimo 6º posto mentres que Cristóbal recuperaba dúas posicións para finalizar 36º.
Logo sería o turno dos Júnior donde os nosos Manu e Toni partían entre os favoritos o Pódio e a carreira comenzaba de forma lamentable para os nosos intereses xa que unha caída masiva a poucos metros da saída deixaba a Manu e a Toni cortados e perdendo contacto coa cabeza de modo que Manuel realizaba o primeiro paso por meta no posto 17º e Toni no 30 pero os nosos ciclistas están feitos doutra pasta e votaron todo o que levaban dentro para nunha carreira épica ir remontando posicións volta a volta para que o final Toni 11º nunha grandísima carreira e Manu que por tan só cuatro segundos non acadaba a Medalla de Bronce  tería que conformarse co cuarto posto. Unha mágoa xa que de ter habido douscentos metros máis de carreira Manu de seguro que sería Bronce como mágoa tamén foi esa caida o início da carreira que fixo que tiveran que ir remontando posicións e que sinón de seguro que teríamos duas Medallas máis.
E con ésta crónica do Campionato de España ponse fin a unha fructífera tempada de Ciclocróss na que entre outros triunfos hai que destacar a Raúl (Campión de Galicia Cadete). Manuel (Campión de Galicia Júnior) e Toni (Subcampión de Galicia Júnior).
Fotos do Campionato.
Galería de Cirstóbal Coimbra.