Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 9 de enero de 2012
Bronce para Raúl e Manuel no Campionato de España de Gandía
Os Reis Magos traenlle a Manuel e Raúl os regalos en forma de Medalla de Bronce no Campionato de España de Ciclocróss disputado éstes días 6, 7 e 8 en Gandía (Valencia).
Intensos e inesquecibles éstes Campionatos por terras valencianas xa que alí participaban os nosos ciclistas máis destacados representando a Selección Galega como son Raúl, Manu e Toni e a bo fé que deixaron o nome do Rosal moi alto. Comenzaba a competición o venres día 6 coa proba de relevos co primeiro galego en sair que era José Rodríguez "Tami" (Master 30) que sofría problemas mecánicos e perdía un tempo de ouro o mesmo que Isabel Castro (Feminas) que collia o testigo e tamén tiña problemas; a seguir era Raúl (Cadete) o que tomaba o relevo e conseguía rebaixar as diferenzas cos primeiros para logo entregarlle o testigo a Manuel (Júnior) que facía unha gran remontada para seguirlle Pablo Rodríguez (Sub-23) e finalizaba a carreira Mauro González (Elite) co cual con esas remontadas facían que acadasen esas Medallas de Bronce.
O sábado 7 eran o Benxamín Iago Alvarez e o Alevín Mario Fernández os que nos representaban nunha carreira de promoción acadando os portos 7º e 6º respectivamente. E continuaba a xornada con duas novas medallas para a Selección Galaga, a primeira era de Ouro lograda por Desiré Duarte na categoría Cadete Feminina e mentres ela se facía coa Medalla de Ouro era a súa nai Isabel Castro en Elite Feminina a que acadaba a Madalla de Prata. Xa logo pola tarde chegaba outra alegría para Galicia xa que José Rodríguez "Tami" en Master-30 vencía nunha gran carreira e facíase así coa Medalla de Ouro.
O domingo 8 era o día máis esperado polos nosos ciclistas e polos aficcionados rosaleiros desprazados a Gandía pois disputábanse as categorías Cadete e Junior nas que había grandes esperanzas de acadar medalla. Comenzaban os Cadetes con Raúl representando a Galicia e Cristóbal coas cores do Club Ciclista O Rosal e Raúl xa nos primeiros metros daba mostras das suas intencións pois pasaba a primeira volta no 6º posto pero un inesperado baixón facía que nas duas voltas seguintes baixara até a 10ª posición mentres que Cristóbal o facía na 38ª pero logo Raúl era quien de recuperarse para o final acadar un brillantísimo 6º posto mentres que Cristóbal recuperaba dúas posicións para finalizar 36º.
Logo sería o turno dos Júnior donde os nosos Manu e Toni partían entre os favoritos o Pódio e a carreira comenzaba de forma lamentable para os nosos intereses xa que unha caída masiva a poucos metros da saída deixaba a Manu e a Toni cortados e perdendo contacto coa cabeza de modo que Manuel realizaba o primeiro paso por meta no posto 17º e Toni no 30 pero os nosos ciclistas están feitos doutra pasta e votaron todo o que levaban dentro para nunha carreira épica ir remontando posicións volta a volta para que o final Toni 11º nunha grandísima carreira e Manu que por tan só cuatro segundos non acadaba a Medalla de Bronce tería que conformarse co cuarto posto. Unha mágoa xa que de ter habido douscentos metros máis de carreira Manu de seguro que sería Bronce como mágoa tamén foi esa caida o início da carreira que fixo que tiveran que ir remontando posicións e que sinón de seguro que teríamos duas Medallas máis.
E con ésta crónica do Campionato de España ponse fin a unha fructífera tempada de Ciclocróss na que entre outros triunfos hai que destacar a Raúl (Campión de Galicia Cadete). Manuel (Campión de Galicia Júnior) e Toni (Subcampión de Galicia Júnior).
Fotos do Campionato.
Galería de Cirstóbal Coimbra.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario