Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
jueves, 12 de enero de 2012
Impresionante vitória de Andrés na Taça de Portugal
Mentres que os nosos ciclistas seleccionados colleitaban éxitos no Campionato de España en Gandía, os que quedaban aquí non se quedaron atrás e tanto Andrés Fernández como Alex Lomba acudían a derradeira cita de Taça de Portugal (Copa de Portugal) que se celebraba en Vila do Conde cun fantástico triunfo.
Comenzou a carreira de Cadetes e xa dende o comenzo da mesma Andrés deixaba claro que iba poñerlle as cousas moi dificiles os seus rivais demostrando unha gran clase e potencia que o final se traducía nesta vitória tan buscada e que lle valía para facerse co segundo posto da clasificación xeral final da Taça empatado a puntos co primeiro clasificado. Nesta clasificación final tamén destacan o 4º posto de Raúl e o 9º de Cristóbal que se atopaban en Gandía.
En Junior Alex Lomba tamén realizaba unha gran carreira e remataba no 4º posto e que lle valía para acabar 7º na xeral final. Outros que tamén acadaban éxitos pese a estar en Gandía eran Toni Portela que remataba 5º na xeral e mellor ainda para Manu González que gracias as vitórias en Sobrado (Valongo) e en Águeda colleitaba os suficientes puntos como para subir o Pódio no 3º posto da Xeral Final da Taça de Portugal, trofeo que recolleu Alex no seu nome.
Como poden apreciar os nosos siareiros os integrantes do Club Ciclista O Rosal triunfan en Galicia, España e en Portugal.
Por outra banda e en recoñecemento os éxitos acadados no Campionato de España, Manuel González vai ser recibido o vindeiro venres as 12 do mediodía polas Autoridades Municipais do Concello de A Guarda.
Fotos por xentileza de Andrés
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario